A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa da Morte” e a dixitalización do libro A Costa da Morte, Confín de Europa

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) presentou este 2 de xuño no Parador da Costa da Morte, en Muxía, dúas iniciativas clave para a promoción do destino: a nova web oficial turística e a dixitalización do libro Costa da Morte, Confín de Europa. O acto contou coa presenza da Deputación da Coruña, Turismo de Galicia e representantes municipais e profesionais do sector turístico.

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), acompañadas de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, presentaron esta mañá no Parador da Costa da Morte a nova web oficial do destino. No evento tamén se presentou a dixitalización e tradución do emblemático libro de Xan Fernández Carrera, A Costa da Morte, Confín de Europa, así como a publicación da nova Guía de Artesanía na Costa da Morte.

O acto contou coa presenza de máis de 60 asistentes, entre eles representantes institucionais de todos os concellos socios, así como do ámbito turístico e cultural. A apertura oficial estivo a cargo de D. Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas, quen agradeceu a todos os presentes que se achegaran ata Muxía.

A continuación, D. Pepe Formoso (APTCM) destacou a importancia do traballo conxunto de todos os socios deixando ao lado os individualismos, e o peso da nova web como escaparate principal do destino. Tamén presentou a dixitalización e tradución do libro A Costa da Morte, Confín de Europa, unha obra fundamental para comprender a identidade desta rexión atlántica.

A presentación institucional contou tamén coa intervención de D. Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, quen destacou “a artesanía como valor propio do territorio” e animou a todos os artesáns a aproveitar as oportunidades vinculadas ao turismo para seguir medrando; e de D. Xosé Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, quen subliñou o importante crecemento que está a experimentar o sector turístico da Costa da Morte e recoñeceu a colaboración entre todas as institucións.

A vicepresidenta da CMAT, María Lema, tomou a palabra para recoñecer o traballo realizado cos artesáns e o elemento diferenciador que supón para o futuro do turismo na Costa da Morte.

Finalmente, D. Manuel Muíño presentou o traballo realizado para a nova páxina web (www.visitacostadamorte.com) xunto ás persoas responsables da súa execución —a empresa local WP Nordés—, e aproveitou para facer unha reflexión final do seu paso como presidente da CMAT antes do cambio de Xunta Directiva, agradecendo o traballo ao seu equipo e o apoio recibido tanto do sector privado grazas a APTCM como da administración provincial e autonómica.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.