A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de viaxes pola Costa da Morte para promocionar os produtos turísticos do destino

Este blogtrip permitirá destacar a calidade da gastronomía, da cultura, da natureza e da artesanía local, combinadas co astroturismo.
Blogtrip astroturismo costa da morte 2024 es

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que convida a catro blogueiros de viaxes profesionais a percorrer diferentes lugares da Costa da Morte durante tres días. A iniciativa, que está financiada a través dun convenio de colaboración con Turismo de Galicia, levará aos blogueiros a percorrer diferentes concellos da contorna os días 29, 30 e 31 deste mes de agosto.

Catro perfís diferentes para destacar a Costa da Morte

As catro persoas que participarán nesta viaxe pola Costa da Morte levan anos dedicándose de xeito profesional aos seus blogs. Entre os catro, suman máis de 22.000 seguidores en Instagram e contan con millóns de visitas anuais nas súas webs, nas que falan de viaxes desde diferentes puntos de vista.

Leticia Pérez, de Trucos Viajeros, (@trucosviajeros en Instagram) é unha viaxeira apaixonada pola cultura local, curiosa da artesanía e das celebracións singulares dos lugares que visita.

Emma Sexto, de Un Mundo Infinito, (@1_mundoinfinito e @disfrutarcoruna en Instagram) dedícase á promoción turística de xeito profesional desde hai cinco anos e escribe sobre Galicia para medios dixitais.

Rafael Pérez, de Viajando el Mapa, (@viajandoelmapa en Instagram) recolle as súas visitas a Galicia e a outros lugares do mundo a través do seu blog, no que ocupan un lugar especial o sendeirismo e o enoturismo.

Por último, Dani Keral (@danikeral en Instagram) leva anos contando o seu xeito de viaxar en medios como Condé Nast Traveler, Yorokobu a Revista Salvaje e o seu propio blog, Un Viaje Creativo, que conta con numerosos premios. Dani realiza unha divulgación turística e de viaxes desde puntos tan diversos como a arte ou a antropoloxía, sempre desde un enfoque creativo.

O compromiso das administracións co turismo da Costa da Morte

Durante este blogtrip, visitaranse diferentes concellos da Costa da Morte, seguindo un criterio de equilibrio territorial. Neste sentido, os concellos que non se visiten nesta ocasión, serán visitados no vindeiro blogtrip de familias.

Estas iniciativas son posibles grazas ao financiamento de Turismo de Galicia a través dun convenio de colaboración coa CMAT, que será asinado no mes de setembro.

Este convenio é indicativo do forte compromiso dos concellos e de Turismo de Galicia co xeodestino Costa da Morte, xa que grazas a el, será posible levar a cabo tanto estes blogtrips como o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, que xa ten como data de celebración o 12 de novembro de 2024.

Nas próximas datas, a CMAT abrirá o prazo para que as empresas da Costa da Morte presenten as súas candidaturas para a celebración desta cuarta edición do Encontro Anual de Turismo.

Ademais, grazas a este convenio, tamén se desenvolverá un proxecto de posta en valor da artesanía local da Costa da Morte, así como outras actividades promocionais que están a ser planificadas pola directiva da CMAT.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.