Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)

Cultura e historia, Megalitismo, Prehistoria
DumbríaVimianzo

Saber máis sobre Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)

El misterio de “The Thing” dentro del dolmen

Pedra da Arca é un dos maiores monumentos megalíticos de Galicia e destaca polo seu excelente estado de conservación. De feito, mantén a maior parte do dolme, a cámara, o seu corredor e tamén o túmulo ou mámoa que cubría o enterro.

O megalito sitúase xusto na liña divisoria entre as parroquias de Baíñas (Vimianzo) e Olveira (Dumbría) e por iso, tanto na cámara como na pedra da cuberta gravaronse, xa en época histórica, dúas cruces de termo que indican a súa función como marca fronteiriza.

No interior da cámara consérvanse restos de gravados e pinturas vermellas prehistóricas. O motivo máis destacado dos conservados é un deseño tamén localizado no dolme de Dombate (Cabana de Bergantiños). A arqueóloga irlandesa Elisabeth Shee o denominou “The Thing””, termo que acabaría popularizándose ata os nosos días. Aínda que algúns investigadores interpretaron esta figura como un facha ou mesmo como un cachalote, o certo é que se descoñece o significado. Sen embargo, a súa relativa frecuencia dentro de cámaras megalíticas suxire un deseño de alto valor simbólico durante o período megalítico.

Un dato curioso é que o dolmen está construído con tres tipos de rocha diferentes, todas presentes nas inmediacións excepto a losa na que aparecen os gravados, que é de grandiorita e foi preciso trasportala desde tres kilómetros de distancia.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Dumbría

Fervenza do Ézaro
Está situada a uns 700 m ao leste do núcleo do Ézaro, xunto á central hidroeléct...
Miradoiro do Ézaro
Situado a uns 1.500 m. ao Noroeste do núcleo principal do Ézaro, ten unha altura...
Cruceiro de Dumbría
Xusto fronte á Igrexa de Santa Baia de Dumbría, na mesma praza de A Grixa (Dumbr...
Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
Robledal Devesa da Lúa
Espazo natural aberto onde se atopan un gran número de robles a orixes do río qu...
Pedra do Brazal ou Cabalgada
É unha gran mole de granito localizada no monte do Brazal, na beira oeste do cam...
Ponte Olveira
Foi construído posiblemente no século XVI sobre a canle do río Xallas. Realizado...
Igrexa de Santa Baia de Dumbría
A Igrexa parroquial de Santa Baia de Dumbría latex ao carón do Camiño de Fisterr...
Dumbría: Pedra Cabalgada ou do Brazal
Tamén coñecida como Pedra do Brazal. Destaca como punto de observación astronómi...
Igrexa de San Mamede de Salgueiros
En pleno Concello de Dumbría, a Igrexa de San Mamede de Salgueiros emerxe como u...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.