Pedra do Brazal ou Cabalgada

Espazos naturais
Dumbría

Saber máis sobre Pedra do Brazal ou Cabalgada

É unha gran mole de granito localizada no monte do Brazal, na beira oeste do camiño que sae do lugar do Logoso en dirección sur, bordeando o castro do mesmo nome. Pódese dicir que é un dos poucos monumentos caprichosos da natureza que se mantén intacto despois de millóns de anos aguantando multitude de agresións naturais como chuvia, vento, terremotos, etc., e algunha que outra polo home, manténdose en equilibrio estable ata os nosos días.

Cunha superficie de apoio de 0,5 metros de radio sobre a súa base inferior de granito de forma semiesférica de 2 metros de radio, soporta o peso de máis de 150 toneladas. O seu centro de gravidade coincide co punto tanxente de ambas, eixe principal de equilibrio. Na súa superficie superior ten tres pilóns cilíndricos, socavados pola erosión da chuvia e o vento. Un delas, de 0,48 metros de profundidade e 0,8 metros de diámetero, mantén auga durante case todo o ano. Tamén se pode observar, a cabalo da mole, un pequeno bloque de granito solto, que en realidade eran dous, un delas foi tirado ao solo.

Atópase moi cerca do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Ademais, ao gañador da 12ª etapa da Volta España 2012 no miradoiro do Ézaro, Joaquim Rodríguez “Purito”, entregouselle un trofeo que era unha réplica desta pedra.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Dumbría

Pedra do Brazal ou Cabalgada
É unha gran mole de granito localizada no monte do Brazal, na beira oeste do cam...
Festa da Praia do Ézaro de Dumbría
A “Festa da Praia do Ézaro” te propón un día de mar e area completam...
Igrexa de San Martiño de Olveira
A Igrexa de San Martiño de Olveira, no municipio de Dumbría, é un deses templos ...
Igrexa de Santa Baia de Dumbría
A Igrexa parroquial de Santa Baia de Dumbría latex ao carón do Camiño de Fisterr...
Pedra da Arca (de Regoelle) (Dumbría – Vimianzo)
El misterio de “The Thing” dentro del dolmen Pedra da Arca é un dos...
Aula de natureza de Vilafernández
A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao lado do...
Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
O Ézaro (Dumbría)
A praia do Ézaro é outro dos puntos por descubrir nesta costa. Esta dispón dun a...
Miradoiro do Ézaro
Situado a uns 1.500 m. ao Noroeste do núcleo principal do Ézaro, ten unha altura...
Formas Graníticas no Macizo do Monte Pindo
O granito do Monte Pindo formouse no interior da Terra, a uns 20 kilómetros de p...