Miradoiro do Ézaro

Miradoiros
Dumbría

Saber máis sobre Miradoiro do Ézaro

Situado a uns 1.500 m. ao Noroeste do núcleo principal do Ézaro, ten unha altura de 260m sobre o nivel do mar e dende el pódese contemplar a mole granítica do Monte Pindo, coñecido como o Olimpo Celta da Costa da Morte. O profundo val escarpado do curso do Río Xallas, tamén coñecido como Río Ézaro, e a súa desembocadura, a silueta do Cabo Fisterra coroado polo seu faro, as Illas Lobeiras de fronte, as vilas do Pindo e O Ézaro, ademais do encoro de Santa Uxía.

O 30 de agosto de 2012, o miradoiro do Ézaro foi final da décimo segunda etapa da Volta Ciclista España. Foi un feito que marcou un antes e un despois na meca do deporte e do turismo do Concello de Dumbría. O Ézaro comezou a formar parte da historia do ciclismo, un porto de 3ª categoría pero cun final de infarto, a penas 2 km con pendentes de ata o 30%, todo un desafío no cal logrou a súa victoria Joaquim Rodríguez, alias “Purito”.

O ano seguinte, O Ézaro volveu a formar parte do percorrido da Volta, sendo o miradoiro parte da etapa que remataba no Cabo Fisterra. Como consecuencia e, para dar resposta á demanda dos afeccionados ao ciclismo, xurdiu a celebración da marcha cicloturista “Desafío do Atlántico”, que actualmente se coñece como “Gran Fondo do Ézaro”. O 4 de xullo de 2015 tivo lugar o “Gran Fondo do Ézaro” no que participaron: Miguel Induráin, Claudio Chiappucci, Álvaro Pino, Oscar Pereiro, Gustavo César Veloso, Pedro Nimo, Marcos Pereiro, Ezequiel Mosquera,… acompañados polos grandes amantes do ciclismo.

* Debido á excesiva pendente da estrada que une a cascada co miradoiro, ramplas de até o 30%, o acceso está prohibido para autocares e caravanas.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Dumbría

Cementerio de Cores
É o segundo cemiterio municipal de Dumbría e está xunto ao tanatorio de titulari...
Igrexa Parroquial de Santiago de Berdeogas
No corazón da Costa da Morte, a Igrexa Parroquial de Santiago de Berdeogas convé...
Robledal Devesa da Lúa
Espazo natural aberto onde se atopan un gran número de robles a orixes do río qu...
Ponte Olveira
Foi construído posiblemente no século XVI sobre a canle do río Xallas. Realizado...
Igrexa de Santa Baia de Dumbría
A Igrexa parroquial de Santa Baia de Dumbría latex ao carón do Camiño de Fisterr...
Aula de natureza de Vilafernández
A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao lado do...
Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
Formas Graníticas no Macizo do Monte Pindo
O granito do Monte Pindo formouse no interior da Terra, a uns 20 kilómetros de p...
Curso baixo, fervenzas e desembocadura do Ría Xallas (Dumbría)
Lugar de Interese Xeolóxico Español de Relevancia Internacional (tamén se define...
Dumbría: Pedra Cabalgada ou do Brazal
Tamén coñecida como Pedra do Brazal. Destaca como punto de observación astronómi...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.