Ruta do Corredor Megalítico

Dumbría

Saber máis sobre Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Quilómetros totais: 41 quilómetros.

Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Arca da Piosa (Por pista de Terra), Mina da Parxubeira.

Accesos a pé:

  • Pedra Moura do Monte Cárneo: 200 metros desde a estrada.
  • Pedra da Lebre: 30 metros desde la carretera.
  • Arca do Rabós: 70 metros da estrada.

Esta ruta leva a través dalgúns dos monumentos megalíticos máis importantes de Galicia pola súa monumentalidade e bo estado de conservación.

Comezamos o percorrido pola Pedra Cuberta, na parroquia de Treos en Vimianzo. Foi estudada polos arqueólogos alemáns Georg e Vera Leisner en 1933 e nel descubriron as primeiras pinturas no interior dun dolme en Galicia e unha das primeiras de toda Europa.

Continuamos pola parroquia de Treos até a segunda parada, Pedra Moura. Situada nun coidado contorno de prado, conserva moi ben a mámoa (túmulo de terra) e a súa estrutura megalítica coa cámara e o corredor. No interior localizáronse pinturas que permitiron datar o dolme no IV milenio a. C.

A poucos quilómetros, moi preto da estrada, localízase o seguinte dolmen, Pedra da Lebre. Aínda que o monumento se aprecia bastante alterado, segue conservando boa parte da súa monumentalidade orixinal. Nel descubríronse evidencias de pintura que unha vez analizadas proporcionaron unha das datacións máis antigas do megalitismo galego, entre 5.300 e 4.700 a. C.

A seguinte etapa levan a través dun camiño forestal até a Arca da Piosa, no municipio de Zas. Trátase dun dos dolmens de maior tamaño de Galicia, con laxas de pedra que superan as seis toneladas de peso. Pero tamén é moi coñecida grazas a un poema de Pondal, “Á hora en que doce ou luceiro”, incluído na súa famosa obra “Queixume dos Pinos” (1886), onde fala da Piosa como a tumba do mítico guerreiro Brandomil.

Dende A Piosa, a ruta lévanos de novo ao concello de Vimianzo, concretamente a Baíñas. Moi preto do núcleo atópase a Arca do Rabós. Este pequeno dolmen, conserva moi ben a súa mámoa (túmulo) e atópase integrado dentro dunha das maiores necrópoles da Costa da Morte, denominada Chan do Rabós e Chan do Cabral.

Non moi lonxe, xusto no límite entre o concello de Vimianzo e o de Dumbría, sitúase outro dos megalitos máis icónicos de Galicia, Pedra da Arca. O dolmen está magníficamente conservado, coa súa cámara e o seu longo corredor case íntegros. Ademais, no seu interior, existen restos de pinturas prehistóricas e algúns gravados. Entre os motivos destaca unha curiosa figura denominada “The Thing” pola arqueóloga irlandesa Elisabeth Shee. Descoñécese o seu significado, pero algúns autores a interpretan como unha macheta ou mesmo un cachalote.

A nosa última etapa condúcenos polas terras do Concello de Mazaricos até A Mina da Parxubeira. Un dolmen situado nun paraxe idílico, en medio dun fermoso prado. As escavacións realizadas aquí nas décadas dos 70 e 80 proporcionaron extraordinarios resultados como un rico enxoval funerario e un conxunto de ídolos antropomorfos colocados de pé diante da entrada ao megálito, protexendo o monumento.

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

PR-G 114 Laxe – Traba

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8,7 km. Duración apro...

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.