Vimianzo presenta un intenso programa de actividades para gozar do patrimonio durante a Semana Santa

Vimianzo presenta un intenso programa de actividades para disfrutar del patrimonio durante la semana santa

Vimianzo continúa a apostar polo Patrimonio como marca de identidade e revulsivo turístico. 

O municipio que conta cun castelo medieval en excepcional estado de conservación, como emblema e icona, presume ademais de moitos outros tesouros patrimoniais que cada tempada reivindica a través de diversas actividades para difundir a súa historia e valor.

Neste empeño, Vimianzo vaise situando como todo un referente en turismo cultural, unha das modalidades turísticas favoritas nestas datas próximas de Semana Santa polo que o municipio soneirá intensificará os horarios de apertura aos seus recursos musealizados máis senlleiros (Castelo e Conxunto Etnográfico do Mosquetín), ademais de presentar un intenso programa de actividades turístico – culturais de xoves a domingo, onde se inclúen visitas guiadas e teatralizadas por parte da compañía “Os Quinquilláns”, así como un roteiro temático moi especial.

Estímase que seguindo unha tendencia en alza nos últimos anos, estas actividades acaden un seguimento destacado entre as xentes da comarca, que aproveitan estas datas para coñecer un pouco máis a zona, descansando e gozando do lecer cultural moitas veces en familia e sen necesidade de grandes desprazamentos.

Ruta temática do Megalitismo

Un dos recursos culturais mais importantes que atesoura Vimianzo é a súa alta concentración de exemplos megalíticos, de feito a súa “Ruta dos dolmens” cada ano suma adeptos entre os afeccionados á arqueoloxía e a historia. Durante a Semana Santa, un itinerario visitará en grupo organizado algún dos monumentos desta ruta temática, en concreto achegarase a Pedra Cuberta, Pedra Moura e Pedra da Lebre nas parroquias de Treos e Serramo. Para asistir é obrigada a inscrición dende o Concello, onde organizan e ofrecen toda a  información das actividades na súa Oficina de Turismo.

 

 Descargar Programa

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg