O 9º Autocross Concello de Carballo abre o calendario autonómico coa inscrición máis alta dos últimos anos
Co 9° Autocross Concello de Carballo comeza este sábado no Circuíto Municipal de Bértoa, organizado pola escudería local Máis Motor, o campionato galego da especialidade. Será a primeira das dúas citas do calendario autonómico que se disputen na nosa vila; pola seguinte teremos que agardar ata o 29 e 30 de setembro. 64 pilotos, entre eles os mellores condutores da comarca, loitarán polo triunfo nas catro categorías en competición: 14 na categoría de -1.600 c.c., 15 na de +1.600, 31 en carcross e 4 na de 4×4.
Como en anteriores edicións, a proba terá un carácter solidario, tamén este ano a beneficio de Cruz Vermella, que instalará no circuíto unha caseta onde recollera doazóns de produtos de primeira necesidade destinados ás familias con menos recursos. Tras as verificacións técnicas e administrativas da mañá, ás 12.00 horas comezarán os adestramentos libres; ás 13.15, os adestramentos oficiais; ás 15.30, as semifinais ás 17.15, as finais B; e ás 18.20, as finais.
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...
Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...
O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...
Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...
Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...
Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de boas prácticas que respo...
A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!