Novas actividades completan a oferta didáctica do Castelo de Vimianzo

Nuevas actividades completan la oferta didactica del castillo de vimianzo 1525802541

Co obxectivo de completar e consolidar a oferta para público escolar con un amplo abano de propostas, o Castelo de Vimianzo – xestionado directamente dende o Goberno Municipal- presentaba o pasado venres, “Unha Visita Ilustrada”, ante a mirada curiosa de máis de 100 nenos e nenas, chegados das distintas escolas unitarias de Carballo.

A actividade ideada para pequenos de 3 a 8 anos, capta o interese da cativada a través da teatralidade e de didácticas ilustracións, debuxadas por Rubén Rial específicamente como recursos propios, para relatar unha breve historia do monumento. Tras a alegre visita, a actividade agasalla as mesmas viñetas en formato reducido e para colorear. De modo que os nenos e nenas podan levar os seus fogares o relato do Castelo como pequena banda deseñada.

 

A visita ilustrada” completa unha serie de adaptacións ás visitas guiadas convencionais, ideadas para os distintos niveis educativos. Deste modo, os centros escolares que contacten co Concello de Vimianzo recibirán información sobre as distintas propostas destinadas dende os 3 aos 18 anos. Dentro do ciclo de primaria, a actividade “Os Catro Escudos” emprega como recurso educativo os contos e as lendas, para achegar á rapazada a auténtica historia do monumento. Para secundaria e bacharelato ofrécese “O Safari fotográfico”, un xogo participativo para localizar os distintos elementos dun Castelo, e para os máis maiores, “Arquitectura de poder”, resulta unha completa visita coa que profundizar nas distintas etapas da Historia de Galicia dende os distintos aconteceres do Castelo. Estas últimas actividades xa se encontran en desenvolvemento e con moi boa aceptación dende o pasado curso.

Ademáis este ano, aqueles que contraten as visitas escolares ao Castelo poderán participar no concurso de Turismo Escolar da Deputación da Coruña, por ser a fortaleza propiedade provincial. Todas as actividades do Castelo son de balde e están deseñadas e xestionadas dende o equipo municipal, dentro das políticas de divulgación do Patrimonio polas que aposta Vimianzo.

 

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.