Carnota e Laxe acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña
Os concellos Carnota e Laxe, acollerán este ano, os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.
A rapazada interesada en participar nos cursos deben formalizar a inscrición no seu concello, entregando a ficha de inscrición que, a partir de mañá, pode descargarse da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal/deportes ), debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes. A cota de inscrición será de 25 euros.
Nos cursos, que terán unha duración dunha semana en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes. As quendas dos cursos e os correspondentes prazos de inscrición, que comezarán o 1 de xuño, son en Carnota, antes do 27 de xuño e a 3ª quenda: do 16 ao 20 de xullo e en Laxe antes do 4 de xullo e a 4ª quenda: do 23 ao 27 de xullo
Costa da Morte Asociación Turística ao día
Últimas noticias
A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da Costa da M...
Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer o intercambio de e...
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...
Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...
O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...
Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...
Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...
Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de boas prácticas que respo...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!