A ruta de tapas “Caión a bocados” abre a tempada de veran.

La ruta de tapas caion a bocados abre la temporada de verano

A primeira edición da ruta de tapas ‘Caión a bocados’ presentouse hoxe no Arquivo da Pesca desa localidade costeira coa presenza de membros do goberno local do Concello da Laracha –organizador – e de representantes dos seis locais participantes nesta novidosa iniciativa coa que se abrirá a temporada de verán para os sectores turístico e hostaleiro.

‘Caión a bocados’ celebrarase na próxima fin de semana, do venres 8 ao domingo 10 de xuño. Os establecementos que forman parte do programa (Café Bar Zarra, Restaurante O’Muíño, Restaurante Porta Caeli, Restaurante Parrillada Beiramar, Café Asteria e Furna Atlántica) ofrecerán ao público elaboracións realizadas con produtos do mar ao prezo de un euro o venres (de 20:00 a 23:30 h) o sábado (de 12:30 a 14:30 e de 20:00 a 23:30 h) e o domingo (de 12:30 a 14:30 h).

Para amenizar as xornadas, o venres e o sábado haberá ruadas nocturnas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e o domingo a mediodía, teatro de rúa na praza Eduardo Vila Fano con Saaabor!, un espectáculo familiar da compañía Culturactiva e protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez. Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, mostrouse satisfeito pola posta en marcha desta “iniciativa que tiñamos moitas gañas de facer en Caión” e agradecido aos hostaleiros porque “sen a implicación do sector non se podería levar a cabo”. O rexedor local considera que “por tratarse do arranque do verán esta é unha data ideal para atraer turistas e visitantes e que vexan as oportunidades e os bo servizo que se ofrecen en Caión”. López Varela concluíu desexando que ‘Caión a bocados’ sexa un éxito e sirva tamén como primeira experiencia para o futuro desenvolvemento doutras iniciativas que axuden a “desestacionalizar a oferta turística e que Caión se converta nun punto de referencia turística e gastronómica tamén fóra do verán”.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.