Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entidades turísticas da Costa da Morte

A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega dos distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos) correspondentes ao Ciclo 1 do ano 2024. O acto tivo lugar este mércores 9 de abril no Centro Sociocultural de Baio (Zas), e reuniu a representantes institucionais, empresarias e empresarios, e técnicas e técnicos do sector turístico.
Entrega diplomas sicted costa da morte 1

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a importancia de dar continuidade a este proxecto para a Costa da Morte, e agradeceu a colaboración tanto da Xunta como da Deputación con este territorio. A continuación tomaron a palabra Carmen Pita, Directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia; Xosé Luis Penas, Deputado Provincial de Patrimonio; e Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster Turismo de Galicia. Todos eles resaltaron a importancia do traballo en rede de todas as administracións públicas xunto ás entidades privadas do sector turístico para fortalecer a competitividade e a sustentabilidade do destino.

O proxecto SICTED, impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo, busca mellorar a experiencia turística a través da aplicación de estándares comúns de calidade en todo o destino. Na Costa da Morte, esta iniciativa está coordinada a través da CMAT, os concellos participantes e a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), coa colaboración da Deputación da Coruña.

Antes da entrega de diplomas, Emilio Cuiñas, director de Autoxiro e consultor SICTED, aproveitou para recoñecer o esforzo dos empresarios e empresarias que superaron a formación a pasada anualidade, e para adiantar a planificación cronolóxica do SICTED Costa da Morte para 2025.

Por último, Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais e Empresarios do Turismo da Costa da Morte (APTCM), clausurou o acto cun discurso no que destacou o esforzo conxunto e a colaboración do sector privado como motor para impulsar e promocionar o valor turístico da Costa da Morte.

Durante o acto, recoñeceuse o labor de 35 empresas e entidades da Costa da Morte que apostan pola mellora continua da calidade nos seus servizos turísticos:

  • HOTEL SPA PLAYA LANGOSTEIRA (Fisterra)
  • CASA VILAVERDE (Coristanco)
  • HOTEL MEIGA DO MAR & SPA (Carnota)
  • HOTEL SEMPRE FISTERRA (Fisterra)
  • HOTEL BOUTIQUE MAR DO ÉZARO (Dumbría)
  • CASA JURJO (Mazaricos)
  • A CASA DA ESTRELLA (Cabana de Bergantiños)
  • NACHO PORTO (Carnota)
  • CASA DE LEMA (Muxía)
  • LIRESCA (Cee)
  • MUSEO DE MAN DE CAMELLE (Camariñas)
  • MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA (Ponteceso)
  • HOTEL A TORRE DE LAXE (Laxe)
  • CENTRO ARQUEOLÓXICO DO DOLMEN DE DOMBATE (Cabana de Bergantiños)
  • STOUPA (Cee)
  • ENCAIXES LUCITA (Muxía)
  • MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • ISLOW COLIVING (Laxe)
  • OFICINA DE TURISMO DE FISTERRA (Fisterra)
  • CASANOSA (Cee)
  • NÁUTICO DE RAZO (Carballo)
  • A CASA DA CANLE RESTAURANTE (Vimianzo)
  • CLUB DEL MAR (A Laracha)
  • RESTAURANTE A LAREIRA (Zas)
  • OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA (Muxía)
  • RESTAURANTE O CENTOLO (Fisterra)
  • HOTEL OCA INSUA (Cee)
  • CABANAS DE CANDUAS (Cabana de Bergantiños)
  • TORRES DO ALLO (Zas)
  • RESTAURANTE INSUA (Cee)
  • BAR RESTAURANTE IL MOLINO (Coristanco)
  • RESTAURANTE CASA SABINA (Vimianzo)
  • RESTAURANTE MESON DO PULPO (Carballo)
  • A MARINA DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • MACCMO (Ponteceso)

Con esta entrega de diplomas, a Costa da Morte dá un paso máis na consolidación dun modelo turístico baseado na excelencia, na colaboración e no respecto polo territorio. Nas próximas semanas comunicarase o novo período de inscrición para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ao SICTED, xunto con toda a información sobre os cursos dispoñibles e o procedemento.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.