Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo

Continuamos coas entrevistas aos ayuntamientos co Ayuntamiento de Vimianzo. El ayuntamiento de Vimianzo es la capital natural de Terra de Soneira. Forma parte da denominada Costa da Morte e limita cos concellos de Laxe, Camariñas, Muxía, Dumbría e Zas. Por la parte sureste limita con el Encoro da Fervenza, que lo separa del ayuntamiento de Mazaricos.
Entrevista monica rodriguez ordonez alcaldesa vimianzo

Vimianzo conta dentro do seu patrimonio histórico cun importante número de igrexas, edificios e outros elementos que recollen diferentes estilos arquitectónicos. Tamén conserva un importante legado histórico; é un concello no que se pode apreciar a evolución da civilización humana desde a Idade Castrexa ata a actualidade: dolmens, mámoas, petróglifos, castros, mostras do Románico e do Renacemento, arquitectura civil e relixiosa conflúen na diversidade das terras de Soneira.

Hoxe ensinámosvos o concello desde o punto de vista de Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo. Deixámosvos as mellores respostas:

Que sentimentos esperta para ti a Costa da Morte? Que significa para ti?

Inspírame natureza e cultura ao carón do bravo Atlántico, unha conexión con todo o litoral oeste de Europa. É a terra do solpor, co seu lado salvaxe e de misterio.

Tres motivos para descubrila

  • A súa paisaxe atlántica, con cantís, praias de mar aberto, rías, sendeiros e esa multitude de balcóns ao solpor. Ata aquí chega a prolongación do Camiño a Fisterra e Muxía que, seguro, ten a súa orixe en ver ese fin do mundo. O patrimonio cultural permite facer un percorrido pola historia da humanidade galaica, desde a época dos dolmens ata a actualidade, pasando por castros e castelos. Para a súa interpretación abren as portas varios museos e centros dispersos polos dezasete concellos do xeodestino: Dolmen de Dombate, Torres do Allo, Batáns do Mosquetín, Castelo de Vimianzo, Casa do Oleiro en Buño, Museo de Carballo, Museo do Mar de Fisterra…
  • As súas xentes, hospitalarias e portadoras de saberes como as artesanías que se poden ver no Castelo de Vimianzo.

En que época do ano che gusta máis a Costa da Morte e por que?

A primavera e, sobre todo, o verán teñen o seu atractivo pola multitude de celebracións, polas horas de luz e pola temperatura, que nos permiten gozar desta terra. Temos a sorte de que aínda non está masificada. Durante estas estacións hai multitude de actividades deportivas, culturais e gastronómicas.

Seguen o outono e o inverno, coa caída da folla, os seus coloridos e os seus froitos. Boa época para facer sendeirismo, recoller castañas, recoller cogomelos, pasear preto do mar ou compartir un bo xantar. Mesmo, cando hai fortes temporais, é todo un espectáculo ver o mar embravecido desde un lugar seguro.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

  • Un paseo por algunha das nosas praias
  • Un solpor
  • Un sendeiro
  • Unha visita a algún museo ou centro de interpretación
  • Unha boa comida cos produtos do mar e da terra

Ademais do Castelo de Vimianzo, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

  • Batáns do Mosquetín
  • Senda interpretativa de Cereixo
  • Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba
  • Ruta dos Dolmens
  • Ruta polo Val de Vimianzo
  • Roteiro Fidalgo
  • Vía Mariana e visita a Orbellido, preto do encoro da Fervenza
  • Un chocolate con churros o día do mercadiño, todos os xoves en Vimianzo
  • Programación cultural e deportiva do municipio e actividades de diversos colectivos

Galicia en xeral, e a Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida. Algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Vimianzo a través do padal?

Vimianzo é unha referencia no mapa gastronómico da Costa da Morte pola abundancia de establecementos, polo seu bo facer e pola variedade que se pode atopar nas súas cartas, que vai desde as verduras ata as carnes, pasando polos peixes e mariscos, produtos que se preparan con receitas tradicionais ou incorporando as últimas tendencias dos fogóns.

As carnes á grella ocupan un lugar destacado na oferta e o menú do día non foi esquecido polos nosos restauradores. Os traballadores da zona saben que dispoñen dun amplo abano de pratos por un prezo módico.

Empanadas de bacallau, caldeiradas de peixe, guisos, estufados, caldo, bolos do chichón e callos completan esta oferta que se estende aos petiscos dos bares.

Hai que resaltar a alianza da industria alimentaria con esta oferta gastronómica, procedente das panadarías e das cárnicas.

Outro aspecto relacionado co bo comer é o lúdico e, nos últimos anos, os Pinchos Irmandiños, que preceden á Festa do Asalto, acadaron un gran éxito. A Faguía de Carnés, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, caracterízase pola degustación de callos que preparan os veciños.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Vimianzo? E da Costa da Morte?

Valoran moi positivamente os espazos interpretativos do Castelo e dos Batáns, así como as visitas guiadas e teatralizadas que se organizan.

As túas tres praias favoritas na Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e doutras actividades náutico-deportivas?

  • A praia de Traba, polo seu carácter salvaxe e por formar parte do percorrido do Camiño dos Faros, que se une con Camelle nun fermoso traxecto de rochas e cantís.
  • A praia de Ariño, por ser de ría e un lugar con arboredo e merendeiro, moi cómodo para pasar un día en familia.
  • A praia do Rostro, un areal que nos conecta co Atlántico e cun solpor que ten unha sonoridade especial.

Para os amantes do sendeirismo… Cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida na Costa da Morte?

A ruta dos Penedos de Traba e Pasarela é unha magnífica opción.

Desde o concello organízanse varias rutas guiadas ao longo do ano que teñen moito éxito. Ademais, existen outras posibilidades:

  • O Camiño dos Faros, que transcorre pola costa e pasa por Vimianzo entre Traba e Camelle e en Cereixo.
  • A Vía Mariana, que une Braga con Muxía e atravesa as parroquias de Baíñas e Berdoias, e complétase coa ruta ao carón do encoro e o vieiro Fidalgo.

Que lugar cres que é o gran descoñecido na Costa da Morte pero que ten un grande interese ou potencial?

O mar de ardora, a observación das estrelas e as postas de sol.

Onde atopamos a mellor posta de sol?

En Vimianzo hai varios lugares, un deles é o Alto de San Bartolo, moi preto da capital do municipio.

Descubre a las personas clave de la Costa da Morte

Más entrevistas Costa da Morte

Entrevista a Marta Lado, Embaixadora da Costa da Morte ...

A actriz fisterrá Marta Lado será a Embaixadora da Costa da Morte 2026, un recoñecemento que distingue cada ano a persoa...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

Entrevista a Clarisa Couto, Concelleira de Cultura e Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Coristanco. O concello de Coristanco está situado ó oeste de Ga...

Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez, Alcaldesa de Vim...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Vimianzo. O concello de Vimianzo é a capital natural da Terra d...

Entrevista a Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos

Comezamos as entrevistas aos concellos con Concello de Mazaricos. Mazaricos sitúase ao Noroeste de Galicia, na zona suro...

Entrevista a Patricia Trasmonte Martínez, Técnica de Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Corcubión. Corcubión está situado en Galicia, actual Comunidade...

Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vim...

Vimianzo conta dentro do seu patrimonio histórico cun importante número de igrexas, edificios e outros elementos que rec...

Entrevista a Patrick Vilán

Costa da Morte e surf son dous conceptos que van intimamente ligados. Isto sábeo ben Patrick Vilán, á fronte de Caión Su...

Entrevista a Esteban Blanco, biólogo e xefe da planta a...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de A Laracha. O concello de A Laracha é a porta de entrada á Costa...

Entrevista a Xosé Regueira, Concelleiro de Promoción Ec...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Carballo. Carballo, capital de Bergantiños, está situado ao nor...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg