Entrevista a José Manuel Pequeño Castro, Alcalde de Dumbría

entrevista-dumbria

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, a uns setenta kilómetros de Santiago e pertence á provincia de A Coruña. ÿ un concello simbólico da comarca de Costa da Morte debido a que a desembocadura do seu principal río, o ÿzaro, precipítase ao océano Atlántico en forma de fervenza.

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de José Manuel Pequeño Castro, Alcalde. Deixámosvos as mellores respostas: 

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Costa da Morte é liberdade, é respirar profundo e empaparte do seu lado salvaxe, é un xeito distinto de entender a vida.

Costa da Morte é descubrir cada día camiños novos, paisaxes novas e moi diferentes entre si. ÿ saborear lentamente cada bocado, e non só gastronomicamente falando senón en tódolos sentidos da vida.

Tres motivos para descubrila

Gastronomía, paisaxe natural única, e a súa diversidade e variedade a todos os niveis.

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

Difícil escolla! Cada época ten o seu encanto. Recoméndovos que nos visitedes en todas elas e elixades por vós.

A primavera é a vida abríndose paso, o verde intenso, as camiñadas eternas.

O verán tráenos a cara doce da Costa da Morte, a froita nas hortas, as augas limpas, os paseos pola praia, o bulicio da xente nas rúas.

Do outono, quédome coas postas de sol, a caída das follas na Carballeira de Berdeogas, menos masificación; o bo tempo, xeralmente.

E o inverno tráenos as impresionantes imaxes da natureza da Costa da Morte no seu máximo esplendor, coa fereza das súas augas, das salgadas do océano, pero tamén das doces dos ríos e fervenzas que atopamos a cada paso.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

  • Camiñar entre a néboa, facendo, por exemplo, o Camiño polas Terras do Vákner.
  • Gozar da fervenza do ÿzaro caendo salvaxe e pletórica grazas ás chuvias.
  • Desfrutar do ruxido do mar nun día de temporal.
  • Probar a nosa gastronomía de inverno, de pota, quente; e se é ao carón dunha lareira, xa sería o summum de saborear un bo cocido.

Ademais da Fervenza do ÿzaro, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

  • Subir en bicicleta ao Miradoiro do ÿzaro.
  • Ver a Fervenza do ÿzaro e o seu entorno nun paseo en kaiak.
  • Facer unha merenda campestre na Carballeira de Berdeogas ou na área recreativa de Vilafernández.
  • Sentirte diminuto ante a impoñente natureza e a altura de Ponte Peón, en San Crimenzo, mentres fas un ?selfie?, algo tan de moda hoxe.
  • Visitar o cemiterio de cores de Dumbría.
  • Facer un tramo Camiño, visitando Olveiroa.
  • Sentarte ao pés da Pedra Cabalgada do Brazal e admirar o poder do vento e a auga para labrar a pedra.

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Dumbría mediante o padal?

Un bo cocido no inverno, a carne criada polos nosos gandeiros cos mellores produtos, unha caldeirada de peixe, as filloas e as orellas do entroido.

Pero tamén a nova cociña que nos están achegando os restaurantes do noso concello, que teñen como base o produto local da mellor calidade e a innovación, que nos fai descubrila con outros ollos, sen prexuízos.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Dumbría? E de Costa da Morte?

O mimo e o coidado que poñemos en manter as nosas aldeas, co esforzo que iso nos supón, e a estética en xeral dos nosos núcleos.

Sorpréndense polo gran abano de recursos turísticos, afastados da Costa, que descobren na súa visita e que fai que sexan conscientes da diversidade da Costa da Morte, dos contrastes entre as paisaxes marítimas e as de interior, impoñentes por igual.

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

A do ÿzaro, non pode faltar nesta relación por motivos obvios. ÿ a saída ao mar do concello de Dumbría. Levamos máis de 25 anos mantendo a Bandeira Azul e intentando ofrecerlle aos visitantes os servizos básicos para que gocen dela de maneira pracenteira.

A de Carnota, porque é a máis longa de Galicia e permite paseos infinitos.

A praia de Gures, en Cee, porque alí o verán empeza antes e remata despois, polo abrigada que é.

Para o surf, Nemiña e Razo-Baldaio.

Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

En Dumbría, a ruta que atravesa todo o concello seguindo o curso do río Xallas, desde o encoro da Fervenza, en Olveira, ata a mesma Fervenza do ÿzaro, onde morren as súas augas.

Ao longo desta ruta podemos desfrutar da variedade de flora e fauna propia do encoro, na área recreativa de Vilafernández; A Ponte Olveira, onde tivo lugar a gran batalla contra as tropas napoleónicas e onde aínda hoxe se conservan os postos de venda da antiga feira que alí se celebraba.

Atravesa tamén Olveiroa, cita indispensable dos peregrinos, coa súa arquitectura popular e o encanto das súas rúas, que acollen tamén locais onde degustar a boa gastronomía das nosas terras. Seguindo o Camiño Xacobeo e desviándonos uns metros antes de chegar ao Logoso, atoparemos a Pedra Cabalgada do Brazal, fenómeno natural que nunca defrauda.

A ruta continúa seguindo as augas do Xallas por todo o val da parroquia de Buxantes. Alí destaca a fervenza de Xestosa, cos seus muíños; As Teixoeiras, que albergan algunhas das edificacións máis antigas do concello; o acueduto de Ponte Peón, que salva as augas do río de San Crimenzo; para chegar ao encoro de Santa Uxía, ao miradoiro do ÿzaro e rematar a ruta desfrutando da fervenza do ÿzaro.

E a maior ruta de sendeirismo da Costa da Morte, cos engadidos espirituais e persoais que a acompañan, é, sen dúbida, para min, o Camiño.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

Na miña opinión, o gran descoñecido da Costa da Morte é toda ela en si.

Quen viaxa a Galicia non o fai porque veña expresamente aquí. Non saben de nós, aínda que, co traballo de promoción que se leva facendo nos últimos anos, isto empeza a cambiar. En gran parte grazas ao Camiño, que é o noso mellor escaparate e a nosa mellor promoción.

O viaxeiro vén a Galicia e trae na mente desprazarse un día a unha das cidades, ou á Ribeira Sacra, ou ás Rías Baixas; pero non nos trae a nós en mente.

Iso si, unha vez que nos atopa, repite. Adoita converterse nun visitante que volve porque descubre as bondades deste recuncho, a paisaxe, tanto de mar coma de interior, a gastronomía, a tranquilidade,…

Onde atopamos a mellor posta de sol?

A Posta de Sol con maiúsculas é a de Fisterra, a da fin da Terra, onde todo remata, onde todo chega ao seu fin, o día, o Camiño,…

Etiquetas:

Compartir:

Descubre a las personas clave de la Costa da Morte

Más entrevistas Costa da Morte

Entrevista a Patricia Trasmonte Martínez, Técnica de Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Corcubión. Corcubión está situado en Galicia, actual Comunidade...

Entrevista a José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiñ...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cabana de Bergantiños. O Concello de Cabana ocupa parte do fond...

Entrevista a Esteban Blanco, biólogo e xefe da planta a...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de A Laracha. O concello de A Laracha é a porta de entrada á Costa...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez, Alcaldesa de Vim...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Vimianzo. O concello de Vimianzo é a capital natural da Terra d...

Entrevista a Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos

Comezamos as entrevistas aos concellos con Concello de Mazaricos. Mazaricos sitúase ao Noroeste de Galicia, na zona suro...

Entrevista a Patrick Vilán

Costa da Morte e surf son dous conceptos que están intimamente ligados. Sobre isto é bo coñecedor Patrick Vilán, ao fron...

Entrevista a Clarisa Couto, Concelleira de Cultura e Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Coristanco. O concello de Coristanco está situado ó oeste de Ga...

Entrevista a José Manuel Pequeño Castro, Alcalde de Dum...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santia...

Entrevista a Raquel lema, Concelleira de Comercio, Host...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Laxe. Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occi...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.