Entrevista a José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiños

entrevista cabana

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cabana de Bergantiños. O Concello de Cabana ocupa parte do fondo da ría de Corme e Laxe, dende Ponteceso ata o extremo oriental da praia de Laxe. 

Cabana, dentro da terra de Bergantiños á que pertenece, é un balcón sobre a ría de Corme e Laxe, e mira de lonxe a dita Costa da Morte. Ademais de ser un municipio costeiro, as terras de Cabana penetran considerablemente cara o interior. 

As principais fontes de riqueza son a pesca, a agricultura e a gandeiría. Os principais atractivos turísticos de Cabana son os que lle proporciona a súa paisaxe costeira e a súa paisaxe interior. Dende o punto de vista monumental destaca o Dolmen de Dombate e o castro de Borneiro. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiños. Deixámosvos as mellores respostas:

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Supoño que dende que nacemos hai lugares, espazos vitais que activan as nosas emocións, nun lugar coma A Costa da Morte no que podo experimentar momentos únicos, pasear, ver atardeceres e contemplar a beleza dos meus antergos, síntome cargado de enerxía positiva e vivo. 

Son tantos os significados que ten para min que non atopo nada que non me complete.

Tres motivos para descubrila

A beleza paisaxística das nosas carballeiras e vales conxúgase co encanto das pequenas praias, o disfrute do noso ríquisimo patrimonio arqueolóxico (Dolmenes, Castros…) e non podo esquecer unha gastronomía excepcional elaborada cos exclusivos productos que nos brinda a nosa terra e o noso mar. 

Os motivos para visitala son realmente infinitos. 

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

Ninguén pode esquecer a bravura do noso mar no inverno.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

O viaxeiro/a pode gozar do Castro A Cidá de Borneiro, das Torres de Penela, das nosas recortadas costas, pequenas praias, andar camiños, gozar das cantigas e melodías ancestrais que cantan os nosos músicos populares por campos e romarías tales coma San Fins do Castro, Carme do Briño ou Santa María do Remuíño, albiscar patrimonio etnográfico e arquitectónico e subir aos nosos principais cumes. 

Ademais do Dolmen de Dombate, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

Un paseo polo Esteiro de Anllóns.

Poden tamén gozar dun maravilloso fenómeno natural que non deixa indiferente a ninguén chamado Mar de Ardora. 

Nas noites de verán podemos contemplar cómo miles de destellos de luz iluminan a superficie da auga das nosas praias de cor azul, incluso ao camiñar descalzos pola area mollada, podemos contemplar como miles de destellos de luz os nosos pasos… é impresionante pois a beleza deste fenomeno non soamente está na auga, senón escondida no fondo. 

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Cabana de Bergantiños mediante o padal?

Os nosos peixes, os nosos mariscos, os nosos productos de horta…

Unhas fabas con ameixas, ou caldo galego de nabizas.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Cabana de Bergantiños? E de Costa da Morte?

O que comentan os visitantes e do que nos enorgullecemos os cabaneses é que pertencemos a unha terra convencida dos seus múltiples atractivos, sen perder a nosa esencia e autenticidade, mostrando o fermosa que é a través do seu pasado e o seu futuro. Ter un entorno que conxuga o máxico coa realidade, onde a terra e o mar se funden en harmonía neste recanto de Galicia chamado Costa da Morte con restos de culturas megalícias e castrexas, o Dolmen de Dombate o Castro de Borneiro, o Esteiro de Anllóns, xunto coa hospitalidade da xente son valores que sempre se agradecen descubrir. 

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

Vivir nun lugar con gran cantidade de espazos azuis, faime sentir un privilexiado, a beleza é sen dúbida algo que temos na Costa da Morte: unha calor máis moderada, praias menos masificadas todo isto acompañado dunha salvaxe natureza, por sorte as praias cabanesas son pouco concurridas, tranquilas e soñadoras.

Nas actividades náutico-deportivas temos que acadar máis desenvolvemento.

Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

Nestes intres a Ruta dos Faros ten un recoñecemento por todo o mundo pola súa beleza e en Cabana temos un Esteiro, temos Patrimonio… en resume Costa da Morte no tempo.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

O Río Anllóns é o gran descoñecido na Costa da Morte e o seu potencial é enorme en fauna, flora, beleza e valor patrimonial. 

Onde atopamos a mellor posta de sol?

Na Costa da Morte temos moitos sitios coa mellor Posta de Sol pero o Esteiro do Anllóns é un dos meus preferidos. 

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.