Entrevista a María Becerra, bióloga que supervisa as saídas nos avistamentos de baleas en Fisterra

Ver emerxer unha balea diante da proa é unha desas experiencias que quedan gravadas para sempre. Non é só ver un animal enorme no seu hábitat, é sentir que o mar respira contigo e que a natureza nos regala un instante irrepetible. Por iso esta entrevista con María Becerra Rodríguez, bióloga mariña da CEMMA e colaboradora de Buceo Finisterre, é unha oportunidade para mergullarse nas súas vivencias e descubrir como a ciencia, a paixón polo océano e a emoción dos avistamentos se unen na Costa da Morte.

A Costa da Morte sempre viviu mirando ao mar. Durante séculos foi escenario de historias épicas, de pesca, de naufraxios… e tamén de baleas. Porque as baleas sempre estiveron aquí: así o lembran topónimos mariños e lendas, como o mítico Baixo das Baleas en Reira (Camariñas), chamado así polo parecido destas pedras cos xigantes mariños cando baixa a marea.

Onde antes existían factorías baleeiras como a de Caneliñas en Cee, hoxe respírase un aire novo: o de admirar estes animais en liberdade, celebrando cada salto como un milagre que nos conecta coa natureza máis salvaxe.

Neste cambio de mirada xoga un papel esencial a ciencia e a divulgación. María Becerra Rodríguez, bióloga mariña que acompaña ás saídas organizadas por Buceo Finisterre, forma parte da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), unha ONG galega fundada en 1992 e dedicada ao estudo e á divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia. A través da investigación, a participación en proxectos estatais e internacionais e o seu labor divulgativo mediante exposicións, conferencias e cursos, o CEMMA converteuse nun referente no ámbito mariño.

Dende 1999, grazas a convenios coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, o CEMMA é a institución responsable da asistencia a varamentos na costa galega, da recuperación de animais feridos, da xestión do banco de mostras e da redacción dos plans de conservación das especies máis ameazadas. Unha labor que María contribúe a reforzar co seu traballo, achegando ciencia e paixón en cada saída para observar ás baleas na Costa da Morte.

Entrevista con María Becerra Rodríguez, bióloga mariña que supervisa as saídas para avistar baleas en Fisterra

1. Como naceu a túa vocación polo mundo mariño e polos cetáceos?

O meu amor polos animais naceu xa dende ben pequena, polo que gran parte da miña vida paseina dicindo que quería ser veterinaria. Sin embargo, por cousas do destino, non puiden entrar na carreira e foi cando decidín darlle unha oportunidade á Bioloxía.

En canto aos cetáceos, toda a vida me espertaron curiosidade. De nena gustábame ir ás rochas de Caión para intentar ver os arroaces, a maioría das veces sen moi bos resultados. Pero o momento exacto no que decidín enfocarme neste campo foi cursando 2º de carreira.

Un día, indo para clase, vin que colgaran un cartel anunciando unha conferencia adicada aos mamíferos mariños. O poñente era Anxo Cao, un biólogo que, tras traballar coa CEMMA, marchou ás Azores para especializarse neste mundo. Foi a raíz de ese día, cando me empecei a interesar polo mundo dos cetáceos e da Bioloxía mariña. Busquei información sobre a CEMMA, contactei con Alfredo e fixemos un convenio coa Universidade para que eu puidera desenvolver as prácticas externas da carreira con eles. O verán seguinte xa comecei a facer os embarques participativos da CEMMA en colaboración con Buceo Finisterre e dende ahí, ata o día de hoxe.

2. Que significa para ti traballar en Fisterra, nunha zona cun pasado baleeiro tan marcado?

Síntome unha privilexiada. É un luxo presenciar en primeira persoa este paso da caza á admiración. Moita xente descoñece toda a historia da industria baleeira en Galicia. É máis, a maioría das persoas que veñen aos embarques confésannos que ignoraban a existencia de baleas nas nosas costas. Moitas delas, foron a países como Noruega, Chile ou Arxentina para tratar de ver o que temos aquí ao lado.

Poder contribuír a divulgar sobre o noso entorno, a importancia de conservalo e ver que a xente desfruta e che agradece o teu traballo, é unha maneira de comprobar que estamos facendo algo ben. A historia xa nos demostrou a riqueza e o potencial do noso mar, agora o reto é noso: conservar o que temos e non volver a repetir o pasado.

3. Que especies se poden avistar nas saídas de Buceo Finisterre?

Nas augas galegas habitan 22 especies de cetáceos, divididos en 2 grandes grupos: o dos odontocetos (cetáceos con dentes) e o dos misticetos (cetáceos con barbas, coñecidos comunmente como baleas). Algunhas destas especies son residentes e outras estacionais (pasan só en determinadas épocas do ano).

Por concretar algunhas, dentro dos odontocetos, os máis frecuentes nas nosas saídas son os golfiños comúns (Delphinus delphis) e os arroaces (Tursiops truncatus) aínda que tamén se soen ver caldeiróns (Globicephala melas), arroaces boto (Grampus griseus) e, un día con moita sorte, orcas (Orcinus orca).

En relación aos misticetos, nos últimos anos, están gañando un gran protagonismo os avistamentos de baleas. Tanto os rorcuais comúns (Balaenoptera physalus) como as grandes azuis (Balaenoptera musculus) soen deixarse ver en Fisterra durante a época estival, que é cando realizan as súas migracións, viaxando en grandes grupos. Por este motivo, é bastante frecuente ver as dúas especies mesturadas, compartindo zonas de alimentación.

Máis aló do avistamento e monitorización de cetáceos, que é o noso obxectivo principal, estas saídas supoñen unha oportunidade para ver tamén outras formas de vida: dende algúns hidrozoos como as famosas carabelas portuguesas (Physalia physalis), ata unha ampla diversidade de aves mariñas como mascatos (Morus bassanus), pardelas (Calonectris diomedea e Puffinus mauretanicus), charráns (Sterna hirundo), paíños (Hydrobates pelagicus) ou as tan buscadas polos ornitólogos, gaviotas de sabine (Xema sabini).

Moitos dos participantes sorpréndense destes datos pero, debemos recordar que Galicia en xeral, e Fisterra en particular, son unha “ventá” ao Océano Atlántico. Aquí, conflúen moitas correntes que, sumadas aos afloramentos costeiros, aportan unha gran cantidade de nutrientes, o que se traduce en alimento para os animais. Isto fai das nosas augas especialmente ricas e susceptibles a recibir unha gran diversidade de especies.

4. Que papel xoga Buceo Finisterre nestas experiencias?

Buceo Finisterre supón unha oportunidade para que todas aquelas persoas interesadas nos cetáceos, poidan desfrutar dun avistamento respectuoso dos animais no seu medio natural. Así, esta actividade mesturará ciencia, mediante a monitorización das poboacións e a divulgación sobre a importancia da súa conservación, coa diversión e o turismo responsable.

Ademais, non debemos esquecernos que á hora de saír ao mar, é moi importante a seguridade, máis se cabe tratándose da Costa da Morte. Neste senso, Buceo Finisterre conta cos mellores profesionais, expertos nas augas e correntes da zona, o que fai destas saídas unha experiencia única, segura e responsable. Desas experiencias que, como nos transmitiu Rosa, unha participante deste ano, non se contan, senón que se levan dentro.

Buceo finisterre

5. Que recomendacións darías a quen queira vivir un avistamento por primeira vez?

O primeiro que recomendo, é vir con ganas de desfrutar da natureza e deixar que esta nos sorprenda. Cada saída é única e irrepetible: nunca hai dous avistamentos iguais. Dende os curiosos golfiños comúns que se achegan á nosa embarcación para xoguetear e saltar na proa, ata as xigantes baleas, que fan ferver o mar cos seus impoñentes soplos, crean momentos especiais que se quedan gravados na memoria de todos e todas nós.

Como recomendacións engadidas: biodramina para aqueles que o consideren necesario, roupa de abrigo, crema solar… e a prepararse para emocións fortes!

6. Como ves o futuro dos avistamentos de baleas na Costa da Morte?

Considero que sempre que se realice de forma respectuosa co medio, pode ter un futuro prometedor e moi positivo, contribuíndo coa sensibilización polo medio ambiente: desfrutar sen danar.

Nas nosas saídas, poño como referencia a figura de Jacques-Ives Costeau, investigador francés que adicou parte da súa vida á bioloxía mariña. Unha frase que nos deixou foi: “A xente protexe o que ama”… e soamente podemos amar o que coñecemos. A nosa misión, é precisamente esta: que os participantes poidan coñecer e comprender aos cetáceos para que tomen conciencia da importancia de conservalos. Só deste xeito poderemos seguir disfrutándoos moitos anos máis.

Descubre a las personas clave de la Costa da Morte

Más entrevistas Costa da Morte

Entrevista a Patricia Trasmonte Martínez, Técnica de Tu...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Corcubión. Corcubión está situado en Galicia, actual Comunidade...

Entrevista a Patrick Vilán

Costa da Morte e surf son dous conceptos que están intimamente ligados. Sobre isto é bo coñecedor Patrick Vilán, ao fron...

Entrevista a Alfredo Cañizo, Concelleiro de Turismo de ...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Malpica de Bergantiños. Malpica é un dos portos baleeiros ...

Entrevista a Xosé Regueira, Concelleiro de Promoción Ec...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Carballo. Carballo, capital de Bergantiños, está situado ao nor...

Entrevista a José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiñ...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cabana de Bergantiños. O Concello de Cabana ocupa parte do fond...

Entrevista a Margarita Lamela Louzán, Alcaldesa de Cee

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Cee. O concello de Cee asómase ao mar por tres fragmentos de co...

Entrevista a Raquel lema, Concelleira de Comercio, Host...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Laxe. Laxe está situado no noroeste de Galicia, no extremo occi...

Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre: «Moitas das c...

Florece a mañá na praia de Caión (A Laracha) e citámonos con Bieito Romero, fundador do mítico grupo Luar na Lubre e rec...

Begoña Fernández, xerente de Stoupa: "Cando vemos artes...

Desde o Miradoiro de Gures (Cee), con vistas ao Cabo Fisterra, ás Illas Lobeiras e ao Monte Pindo, conversamos con Begoñ...

Entrevista a José Manuel Pequeño Castro, Alcalde de Dum...

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santia...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.