PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

Mira de preto Dumbría a través de “PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en brazal.
165bis. A Pedra do Brazal manten o equilibrio sobre unha superficie de reducidas dimensions 1.jpg

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e do vento ao longo de millóns de anos, non temos máis que ver os conxuntos escultóricos dos penedos de Pasarela e Traba ou do Monte Pindo, e tamén obras individuais como a da Pedra do Brazal.

Atópase este singular penedo ao suroeste do monte Castelo de Logoso (402 m), cume que domina a paisaxe da contorna. Para chegar a el collemos a estrada que desde Anseán (Os Buxantes, Dumbría) leva ao lugar do Brazal, e desde aquí, continuamos polo camiño que conduce a este monumento natural. Tamén se pode chegar desde o lugar do Logoso (Olveira, Dumbría) ou tamén desde o núcleo de Hospital (Dumbría).

Esta colosal formación granítica está constituída por un enorme penedo dunhas 150 tm, que descansa sobre outro de formas redondeadas, que fai de base, de aí que tamén se denominase Pedra Cabalgada. Chama a atención como a rocha superior é capaz de manter o equilibrio sobre unha base de apoio de dimensións tan reducidas (menos de un metro cadrado de superficie).

Para explicar a orixe desta formación temos que retrotraernos a máis de 300 millóns de anos, momento no que se formarían estes granitos na profundidade da codia terrestre, e logo irían ascendendo á superficie e desprendéndose de capas de materiais que se foron depositando enriba, ata quedar ao descuberto. A erosión da auga e do vento foi moldeando estas rochas ata deixar a escultura natural tal como a percibimos na actualidade. Na parte superior desta Pedra do Brazal hai varias pías, algunha delas acada unha profundidade de 50 cm e mantén a retención de auga case todo ao ano. No penedo que fai de base tamén se ve unha destas formacións de gran tamaño, pero máis evolucionada posto que dispón dunha profunda canle de desaugadoiro.

Modesto García Quintas, estudoso do concello de Dumbría, conta que esta Pedra Cabalgada, polos anos sesenta do pasado século, correu o risco de desaparecer cando uns traballadores que estaban a realizar unhas obras cunha pa mecánica nas proximidades, apostaron uns bocadillos e unhas bebidas a que a forza da máquina era capaz de derrubar semellante penedo. Ou ben non intentaron levar a cabo tan desacertada aposta ou o peso da pedra resistiu a potencia da máquina, pero por fortuna, o monumento natural segue en pé.

Preto da pedra do Brazal sitúase o castro do monte Castelo de Logoso, unha auténtica atalaia sobre esta parte do territorio do concello de Dumbría, que permite gozar ao viaxeiro de fermosas vistas sobre a paisaxe de arredor. O recinto castrexo está defendido por tres murallas pola parte sur; e pola norte, por unha muralla e un foxo. Conserva a lenda de que hai un caldeiro de ouro soterrado, moi común neste tipo de poboados da Idade de Ferro.

Galería de fotos de PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERID...

A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anllóns na primeira metade do século XVIII tralo redescubrimento das aug...

Que Visitar en Costa da Morte en 10 Días

Pregúntaste que visitar na Costa da Morte en 10 días? Pois a continuación traémosche a resposta en detalle. Na nosa opin...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Venres
    2
    Outubro

    Tavole | Fiot 2026.

    Tavole, de Zirko Txosko (Galicia), chega ao Teatro de Rúa do FIOT 2026...

  • Venres
    2
    Outubro

    A Gaivota. Ensaio aber...

    Corcubión participa nunha nova edición do programa de mobilidade cultu...

  • Venres
    2
    Outubro

    O que non estaba escri...

    O que non estaba escrito é a proposta de narración oral coa que Carmen...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.