MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

Coñece Carnota a través de “MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en monte.
149. Castelo do Cardeal e monte Pindo, ao fondo

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non pasa desapercibido nin para veciños nin para viaxeiros. Constitúe o macizo montañoso máis espectacular de toda a costa galega. Trátase dun plutón granítico formado na oroxénese herciniana, hai uns 300 millóns de anos, moldeado pola acción erosiva posterior. Alcanza o seu punto máis elevado no alto da A Moa (629 m).

O topógrafo dumbriés Modesto García Quintáns, gran coñecedor deste monte, defíneo como “unha mole pétrea de cor agrisada cambiante, segundo a hora do día, orientada de Norte a Sur. Formada por pequenos coladoiros, vales sombrizos e cristas agresivas”. O xeógrafo e escritor Otero Pedrayo consideraba o Pindo como “O monte, formado por enormes masas de granito, que adopta unha forma de grande cabeza xupiterina”. Deulle o nome de Olimpo Celta.

Neste macizo tan fracturado a existencia de concavidades, covas e barrancos é tan frecuente que, xunto con fortes pendentes e vales pechados, deu lugar a unha complicada orografía que crea moitas dificultades para moverse por ela. Resulta doado perderse debido aos sendeiros labirínticos que percorren este monte, sobre todo cando a néboa envolve a parte alta e dificulta a visibilidade.

Pola súa variada e singular morfoloxía, O Pindo é un monte propenso á creación de lendas e relatos de todo tipo. O padre Sarmiento, na súa viaxe por Galicia, conta del “que medra a herba moito dunha noite para a mañá, que hai infinitas herbas medicinais e moitas incógnitas, que alí as van buscar algúns médicos; que dentro son fecundísimos os animais, e oín que nalgúns tempos acostumaban ir a O Pindo os casados estériles e infecundos co gallo de teren sucesión”.

Fálase da existencia de varias fortalezas. Segundo algúns estudosos, unha estaría no Cume de Penafiel, onde se descubriu a inscrición medieval: “Reis, bispos, presbíteros, todos por poderes recibidos de Deus, excomungaron aquí este castelo”. Outra sería a de San Xurxo, situada no Alto do Pedrullo, máis ao sur, levantada no século X, en tempos do bispo compostelán Sisnando II, que conservou parte dos seus muros ata a segunda metade do século XX.

En O Chan das Lamas, na parte sur do monte, Barreiro Barral recolle que neste lugar se xuntaban as bruxas despois de saír da cova da Casa de Xoana para logo coller cada unha o seu destino e botarlle a bruxería ao humano elixido. Tamén se contan historias de O Alto da Moa. Segundo estas, estivo rodeado de catro murallas concéntricas e que aquí estaría soterrada a raíña Lupa, que ten sete millóns de ouro aos seus pés e outros sete na cabeceira.

Existen varios camiños para subir ao monte Pindo. A ruta principal sae da igrexa parroquial de San Clemente do Pindo. Outro camiño parte do lugar do Fieiro (Arcos, Mazaricos); este é máis doado porque se inicia a máis de 200 m de altitude.

Galería de fotos de MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

San Xoán 2026 na Costa da Morte

Hai noites que na Costa da Morte se viven dun xeito especial, pero poucas conservan tanta maxia como a de San Xoán. O lu...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

Observación de aves en Costa da Morte

A observación de aves é moito máis que un pasatempo; é unha ferramenta poderosa para conectar as persoas coa natureza e ...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Martes
    13
    Outubro

    Festas do Cristo 2026 ...

    Do 10 ao 13 de outubro de 2026, O Pindo, Quilmas e Curra celebran as F...

  • Martes
    13
    Outubro

    Oficina Móbil de Retor...

    A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en Muxía o marte...

  • Martes
    13
    Outubro

    Celso Fernández Sanmar...

    A XIII edición de O Mes da Fundación 2026 inclúe unha sesión de narrac...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.