ENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Mergúllate en Ponteceso a través de “ENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA”. Se estás preparando ruta, aquí tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: fíxate en ensenada.
59. Desembocadura do río Anllóns e enseada da Insua

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel paisaxístico, xeolóxico, astronómico ou de flora e fauna. Para a observación ornitolóxica existen varias zonas que reúnen excelentes condicións para contemplar as aves. De todas elas, a enseada da Insua quizais sexa das máis apropiadas para avistar este tipo de fauna.

O río Anllóns ao final do seu percorrido, unha vez cruzada a ponte de Ponteceso, e ata a súa desembocadura na ría de Corme e Laxe, forma un amplo esteiro duns 5 km de lonxitude. O límite deste espazo márcao a lingua de area ou barra, que desde a base do monte Branco, se prolonga uns 1500 m en dirección suroeste, deixando unha estreita canle de comunicación do río co mar.

A enseada ocupa unha superficie aproximada dunhas 300 hectáreas, na que a extensión acuática varía segundo o estado das mareas. De marea chea as augas inundan toda a chaira de limos, mentres que na baixamar, queda tan só unha canle de auga na parte central. Desde os límites da preamar sucédense varias formacións vexetais: xunqueira, carrizal, prados e tamén pequenos bosques de ribeira formados por salgueiros e ameneiros.

Todo o conxunto constitúe unha extensa área de gran interese ecolóxico composta por distinto hábitats nos que vive unha gran variedade de fauna e flora que se foi adaptando a estes diferentes ecosistemas, que van desde a zona máis húmida como a intermareal ata a máis seca, que son as dunas. Entre os seres vivos que aquí habitan destaca a numerosa colonia de aves que, de xeito permanente ou puntual, poboan esta ampla paraxe.

Grazas a un traballo constante e rigoroso durante moitos anos levado a cabo polo ornitólogo Luis Rabuñal Patiño, foron catalogadas e rexistradas arredor de 300 especies de aves nesta área, cifra que supera a calquera outro espazo natural de Galicia. Algunhas destas especies non foron aínda localizadas en ningún outro lugar da península ibérica.

Durante os meses de inverno a concentración de aves do grupo das anátidas e limícolas no esteiro do Anllóns representa un acontecemento natural de gran relevancia para todas aquelas persoas que se interesan pola observación deste tipo de fauna. Entre as especies que teñen unha maior presenza destacan o lavanco real (Anas platyrhynchos), o pato rabilongo (Anas acuta), o pato cullerete (Spatula clypeata), a garza real (Arcea cinerea), a garceta (Egretta garcetta), o corvo mariño (Phalacrocorax carbo e aristotelis), o mazarico real (Numenius arquata) ou a píllara das dunas (Charandrius alexandrinus). Hai tamén varias especies de gaivotas e paseriformes palustres.

Todos aqueles visitantes que se acheguen a este importante espazo natural deberán saber que entran nunha área protexida na que convén actuar co máximo respecto de cara a alterar o mínimo a vida de toda esta avifauna e utilizar os accesos indicados e as casetas de observación existentes.

Galería de fotos de ENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESIÓN ARTÍSTICA

O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe marítima, porque carece de litoral, pero reúne óptimas...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO

Ao longo do litoral da Costa da Morte atopámonos con espazos dunha enorme riqueza paisaxística e ambiental, verdadeiros ...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

PONTE LUBIÁN, MEMORIA DE ANTIGOS CAMIÑOS

O territorio da Costa da Morte, debido á súa situación periférica, na antigüidade non foi atravesado por vías de comunic...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Mércores
    20
    Maio

    Charlas formativas en ...

    Cabana de Bergantiños acolle unha charla formativa sobre Intelixencia ...

  • Venres
    22
    Maio

    Concerto de Fülü en La...

    O Concerto de Fülü en LagoMar chega dentro da programación de Maio en ...

  • Sábado
    23
    Maio

    II Concurso de Monólog...

    O II Concurso de Monólogos de Lago-Mar chega no mes de maio cunha prop...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.