CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

Mira de preto Ponteceso a través de “CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA”. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: fíxate en villa.
52. Porto e vila de Corme

O núcleo de Corme Porto debe a súa orixe ás boas condicións da enseada na que se sitúa o seu porto que permitía o aproveitamento dos recursos marítimos dos que vivía a súa poboación. Anterior a este núcleo costeiro foi a parroquia de Santo Hadrián situada máis ao interior, en Corme Aldea, á que pertenceu esa vila costeira.

No mapa do portugués Pedro Teixeira (1634) aparecen debuxados os dous núcleos. Corme Porto vese ao pé dunha extensa praia con varias embarcacións debuxadas, o que indica a importancia que tiña naquela época, e en Corme Aldea represéntase a igrexa parroquial de Santo Hadrián.

O ilustrado José Cornide, cando se refire a este porto, ademais de destacar as excelentes condicións que presentaba para o atraque de embarcacións, tamén nos transmite a noticia da presenza dos cataláns na localidade, dedicados á pesca e salgadura de sardiña.

Polos anos vinte do século pasado, Corme ocupaba un lugar destacado entre os portos galegos pola súa frota dedicada ao transporte marítimo de cabotaxe, formada por máis de corenta barcos que frecuentaban os portos peninsulares, moitos deles cargados de madeira procedente dos piñeirais bergantiñáns.

O Corme desta época era unha vila dinámica no económico e social. Dispoñía de varias factorías de salgadura, tarrafas de vapor para a pesca e tres secadoiros de congro. O seu casarío tiña o típico aspecto dunha vila mariñeira. Esta paisaxe urbana tradicional mudou por completo a partir dos anos setenta, cando se impuxeron as novas construcións. Na actualidade a vila segue a vivir dos recursos do mar como a pesca ou o marisqueo e do turismo, aínda que a súa frota pesqueira cada vez vese máis reducida.

Tanto a vila cormelá como a punta do Roncudo, son coñecidas pola sona que lle deu o percebe, marisco moi valorado, que medra en abundancia nas rochas dese saínte costeiro batidas por un mar axitado.

A fama dos percebes do Roncudo xa vén de antigo. O escritor Carré Aldao destacaba xa a calidade destes crustáceos mariños nesta zona costeira: “Punta del Roncudo, en la que se crían excelentes y grandes percebes, de los más sabrosos de todo el litoral”.

Na primeira quincena de xullo desde o ano 1992 celébrase a Festa do Percebe, un evento moi concorrido, no que, ademais da degustación dese marisco, hai atraccións musicais e lúdicas ao longo do día.

A punta do Roncudo sitúase a uns tres quilómetros do porto cormelán, un lugar de recomendable visita para calquera viaxeiro que se achegue a Corme. A ruta ofrece espectaculares vistas sobre a outra banda da ría: vila de Laxe, praia e penedos de Traba, costa de Camelle e Arou e cabo Tosto. Unha vez chegado ao final da estrada, espertarán o interese do viaxeiro, o mar que bate con forza contra os cantís, o faro e as cruces pintadas de branco que vemos enriba dalgúns penedos, lembranza de percebeiros que foron arrastrados polo mar mentres extraían ese prezado marisco.

Galería de fotos de CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Praias de surf en Galicia: 14 praias da Costa da Morte

Se buscas praias de surf en Galicia, a Costa da Morte é un dos territorios que merece aparecer no mapa desde o primeiro ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    2
    Novembro

    Doazón de sangue en Po...

    Doazón de sangue en Ponteceso coa unidade móbil de ADOSA unidade móbil...

  • Venres
    6
    Novembro

    Curso de introdución á...

    O Concello de Coristanco acollerá un curso de introdución á lingua e á...

  • Venres
    6
    Novembro

    Tarde de Xogos en Vila...

    O venres 6 de novembro de 2026, desde as 18:30 h, o Centro Sociocultur...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.