O venres 6 de novembro de 2026, desde as 18:30 h, o Centro Sociocultural de Vilaño acolle unha tarde aberta de xogos de mesa pensada para compartir, coñecer xente e gozar do lecer en comunidade.
A proposta é sinxela: podes traer o teu xogo de mesa favorito ou sumarte a algunha das partidas que se formen durante a tarde. É unha actividade gratuíta e para todas as idades, perfecta tanto para quen xoga habitualmente como para quen quere descubrir novos xogos nun ambiente próximo e participativo.
Máis alá das partidas, esta Tarde de Xogos busca crear un espazo de convivencia en Vilaño. Os xogos de mesa son unha maneira estupenda de romper o xeo, compartir tempo de calidade e crear novos vínculos entre persoas de distintas idades.
Non é necesario facer inscrición previa. A actividade é gratuíta e terá prioridade para socios e socias da Asociación Cultural Adro de Vilaño.
Ubicación: ver en Google Maps.
A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Adro de Vilaño dentro da súa programación cultural e divulgativa “Aldea Cultural”. Actividade cofinanciada pola Deputación da Coruña.
Para dúbidas ou máis información: adro@adrodevilano.com.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Centro Sociocultural de Vilaño, Lugar Areosa 28, 15145 A Laracha
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!