O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parador de Muxía cinco anos despois

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará o vindeiro 17 de novembro, cinco anos despois de que este mesmo espazo acollese a primeira edición da cita. O encontro conta coa financiación da Axencia Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación da Coruña.
Parador Costa da Morte en Muxía e vista panorámica da costa

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará o vindeiro 17 de novembro, cinco anos despois de que este mesmo espazo acollese a primeira edición da cita. O encontro conta coa financiación da Axencia Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación da Coruña.

O regreso a Muxía ten un significado especial para unha iniciativa que, desde aquel primeiro encontro celebrado en 2021, foi medrando en participación, alcance e repercusión ata converterse nunha das datas sinaladas no calendario turístico do territorio. Naquela primeira edición, o encontro daba os seus primeiros pasos e aínda estaba lonxe da dimensión que ten acadado hoxe, pero foi precisamente no Parador onde se puxo a primeira pedra dunha cita que cinco anos despois xa está plenamente consolidada.

A elección deste escenario, entre as propostas recibidas para acoller esta edición, permite así volver ao punto de partida e poñer en perspectiva o camiño percorrido, nun encontro que reunirá de novo a representantes públicos e privados vinculados ao turismo da Costa da Morte.

O VI Encontro será tamén un espazo para compartir o traballo desenvolvido pola CMAT ao longo do último ano, presentar novas propostas e abordar os retos e oportunidades que ten por diante o xeodestino, reforzando a colaboración entre os diferentes axentes que traballan polo seu desenvolvemento.

Vista exterior das terrazas e a fachada do Parador Costa da Morte en Muxía

Durante o encontro terá lugar tamén a entrega do IV Premio Embaixador/a Costa da Morte, co que a CMAT recoñece a persoas que contribúen a dar visibilidade ao territorio e a proxectar a súa identidade e os seus valores máis alá das súas fronteiras. Nas edicións anteriores, o galardón recaeu en Bieito Romero, membro fundador de Luar na Lubre; Jorge Mira, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; e Marta Lado, actriz e creadora fisterrá, cunha destacada traxectoria no cine e no teatro galegos. O nomeamento da persoa que recibirá o recoñecemento nesta sexta edición darase a coñecer proximamente.

Nesta edición, a CMAT incorporará ademais un recoñecemento colectivo ás entidades de inclusión social que traballan no territorio, como agradecemento ao seu labor para favorecer que todas as persoas poidan gozar dos recursos, experiencias e tesouros que ofrece a Costa da Morte.

Un encontro que medra co territorio

Desde aquel primeiro encontro no Parador Costa da Morte en 2021, a iniciativa pasou por Costa Caión, na Laracha; a Torre de Laxe; o Pazo de Trasariz, en Vimianzo; e o Pazo de Villar de Francos, en Carballo. Cada edición serviu para achegar o encontro a diferentes puntos da Costa da Morte e, ao mesmo tempo, para reforzar os vínculos entre os axentes públicos e privados que forman parte do destino.

O encontro converterá así o Parador Costa da Morte nun espazo para celebrar o camiño percorrido, recoñecer o traballo que se fai desde o territorio e seguir debuxando xuntos o futuro turístico da Costa da Morte.

Para máis información ou confirmación de asistencia, contactar co equipo de Asistencia Técnica da CMAT:
comunicacion@visitacostadamorte.com
621 25 63 91 (Jessica Lago) / 634 09 21 12 (Marta Baños)

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.