HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN POPULAR

Mergúllate en Carnota a través de “HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN POPULAR”. Lectura curta de entrada, pero con miga: sitúate no mapa e no tempo. Pista: fíxate en hórreo.
179. Hórreo de Carnota

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núcleo de poboación e vemos unha edificación destas características, axiña nos decatamos que estamos no noroeste peninsular.

Ao longo do territorio galego hai unha grande variedade de formas e tipoloxías de hórreos debido sobre todo á clase de materiais construtivos de cada zona. Ás veces o hórreo constituía o símbolo e orgullo da familia labrega, por iso se coidaba a súa construción e se lle incorporaban elementos decorativos.

Na parte máis occidental de Galicia, na que se sitúa a Costa da Morte, dáse unha tipoloxía de hórreo que se estende desde o río Anllóns ata a península do Barbanza. Denomínase hórreo atlántico ou fisterrán. Conserva unhas características comúns que o diferencian doutras tipoloxías do resto do país: a totalidade da construción é de pedra, a súa planta ten forma rectantular, sostida sobre pés troncocónicos, cilíndricos ou prismáticos e capas circulares, e con aberturas de ventilación polos catro lados.

Nesta rexión atlántica da Costa da Morte dispoñemos de hórreos que polas súas dimensións ou beleza arquitectónica espertan a atención dos visitantes. O máis coñecido e visitado é o hórreo de Santa Comba de Carnota, o terceiro máis longo de Galicia despois do de Araño (Rianxo) e do seu veciño de Lira, pero o de Carnota é o máis artístico, por tal motivo, foi declarado Monumento Nacional.

Consta de 22 pares de pés e mide 34,76 m de longo e 1,90 m de largo. O arquitecto que o deseñou, Gregorio Quintela, consciente do valor da obra que edificou, quixo deixar inscrito o seu nome no lintel da primeira das portas; a data de construción (1768), no da segunda, e a da ampliación (1783), no da terceira abertura.

A súa cámara está choída con pezas de cantería moi regulares, coas correspondentes aberturas para a ventilación. As tres portas sitúanse no costal do suroeste e a cuberta disponse a dúas augas con tella curva. Nos pinches é onde se amosan os elementos decorativos de estilo barroco: sobrepenas rematadas en curva, dous pináculos nos extremos e unha cruz no vértice. Os pés sobre os que se asenta a construción son de forma prismática e as capas ou tornarratos, circulares.

Este artístico hórreo forma un fermoso conxunto arquitectónico coa casa reitoral e o pombal. Ao norte del sitúase a igrexa parroquial de Santa Comba, un edificio barroco, con planta de cruz latina, distribuída en tres naves. Data do ano 1755 e no seu interior conserva un interesante retablo maior de estilo neoclásico, obra do escultor Xosé Ferreiro.

Na veciña parroquia de Santa María de Lira hai tamén un hórreo de grandes dimensións, deseñado polo mesmo arquitecto que o de Carnota. Ten o mesmo número de pés, unha longura de 36,53 m e 1,60 m de ancho. Construído sobre unha plataforma pétrea para salvar o desnivel do terreo. Dise que os párrocos destas dúas freguesías carnotás competían por teren o hórreo de maior dimensión. Así cando se comezou a construír este de Lira, en 1779, o párroco de Carnota mandou ampliar o seu. Despois, o seu veciño de Lira alongaría este ata superar a lonxitude do da capital municipal.

Galería de fotos de HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN POPULAR

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exerc...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Xoves
    11
    Xuño

    Foro da Avaliación Int...

    O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte c...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...

  • Venres
    12
    Xuño

    Obradoiro Consellos pa...

    O Obradoiro Consellos para a horta en Zas chega ao Centro Sociocultura...