SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Mergúllate en A Laracha a través de “SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS”. Se estás preparando ruta, aquí tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: fíxate en soandres.
6. Igrexa de San Pedro de Soandres coas súas ábsidas góticas

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da Laracha. Denominación que tamén fai referencia a un antigo mosteiro bieito que estendeu a súa influencia polo territorio dos actuais concellos de Cerceda, A Laracha e Carballo.

Suponse que a orixe deste cenobio bergantiñán, do que temos información documental desde o século X, sería moito máis antiga, dado que no interior da igrexa parroquial de San Pedro apareceu unha ara dedicada a Hércules, actualmente depositada no museo da catedral de Santiago.

O mosteiro medieval tivo o seu momento de esplendor durante os séculos XI e XII, cando recibiu a maioría das doazóns de terras, lugares e igrexas, algunhas doadas pola poderosa familia dos Traba. Propiedades que os monxes irán aforando á veciñanza das parroquias da contorna a cambio do pago dunha renda foral.

A partir do século XIV a nobreza local e os seus escudeiros comezarán a apoderarse de boa parte destas propiedades, rendas e outros bens, abusando da súa forza e poder, chegando incluso a agredir fisicamente a algúns membros da comunidade relixiosa, sen respectar ordes que os reis lles enviaban para que devolvesen aos monxes os bens usurpados. Desde finais do século XV, Soandres converterase nun priorado dependente do mosteiro santiagués de San Martiño Pinario.

Da primitiva igrexa románica apenas quedan restos despois da reforma gótica do século XIV da que se conserva a espléndida cabeceira de tres ábsidas con alongadas fiestras oxivais, semellante á dos templos de San Domingos de Bonaval ou San Francisco de Betanzos. Na segunda reforma acometida durante a época barroca este templo sufriu outro notable cambio que lle afectaría á nave e á fachada, modificacións que lle deron o aspecto actual.

No interior, a planta basilical distribúese en tres naves, que se corresponden na cabeceira con outras tantas ábsidas, ás que se accede a través de arcos apuntados. A central cóbrese cunha fermosa cúpula de crucería. Os baldaquinos que contemplamos nas capelas absidiais son barrocos. No ano 2004 descubríronse nas capelas laterais da cabeceira uns altares pétreos góticos, dos poucos que se conservan deste tipo en Galicia.

Se observamos a estrutura arquitectónica da actual casa reitoral, construída no século XVIII, arrimada á parte externa do muro sur, veremos como mantén a forma do que serían as dependencias que acollían á antiga comunidade monástica, co seu correspondente claustro.

Galería de fotos de SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sen...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Mércores
    19
    Agosto

    Presentación da revist...

    Carballo entra nunha nova fase da conta atrás para as Festas da Milagr...

  • Mércores
    19
    Agosto

    Concerto de MAPA no Ca...

    O ciclo Agosto no Lagomar suma unha nova tarde de música en directo á ...

  • Mércores
    19
    Agosto

    Excursión ao aquapark ...

    A excursión ao aquapark de Verán Zas 2026 celebrarase o mércores 19 de...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.