BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

Mergúllate en Malpica De Bergantiños a través de “BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE”. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: fíxate en barro.
43. Elaboración dunha peza oleira de Buño

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses podería remontarse a tempos prehistóricos, cando os primeiros poboadores que se asentaron nas proximidades do Couto dos Barreiros descubriron a abundancia de arxila que lles permitía elaborar útiles cerámicos.

Poboadores dos castros próximos seguramente utilizarían a materia prima deste lugar para fabricar utensilios domésticos, e unha vez que abandonaron estes recintos, algúns puideron ser os fundadores do primitivo núcleo de Buño ao pé do Couto dos Barreiros, onde actualmente se sitúa o Cruceiro das Cabras e naceu a parroquia de Santo Estevo.

Máis tarde, a poboación buñesa trasladouse a un emprazamento máis alto e soleado, onde estaba a ermida e hospital de Santa Catalina, constituíndo o núcleo do actual Buño. Os seus habitantes seguirán a practicar o oficio da olería, que aparece documentado por primeira vez na segunda metade do século XVI.

Co paso dos anos o número de oleiros aumentou, ao mesmo tempo que medrou a poboación da localidade. A mediados do século XVIII exercían este oficio uns 77 oleiros en 63 obradoiros, cando a poboación de Buño se achegaba ao 500 habitantes. A olería manterase en auxe no século seguinte e ata mediados do século XX, que será cando comece a esmorecer trala chegada ao mercado de útiles domésticos industriais.

A produción oleira dos artesáns buñeses tradicionalmente comercializábase en feiras e mercados da comarca e de Galicia, distribuída por arrieiros da Terra do Xallas, os denominados xalleiros. Tamén hai constancia da exportación de olería buñesa a través do mar. O padre Sarmiento recolle que navegantes da Moureira (Pontevedra), viñan mercar olas a Buño, que embarcaban no porto de Ponteceso.

As pezas, unha vez elaboradas no torno, cocíanse nos fornos comunais que había nos distintos barrios do núcleo. Un traballo comunitario que era necesario preparar con moito tino para que a fornada non se arruinase.

Os cambios sociais e económicos producidos nos últimos tempos obrigaron aos oleiros a elaborar novos deseños e formatos, dirixidos máis a unha finalidade decorativa que funcional e a organizarse baixo a Asociación Oleira de Buño, encargada de defender esta profesión e programar a Mostra de Olería que se celebra nesta vila a primeira quincena de agosto desde o ano 1983. Nela o visitante ten a oportunidade de ver unha ampla exposición de cerámica buñesa e asistir a un variado programa de actividades culturais asociadas a este evento. Durante o resto do ano pódese visitar o conxunto etnográfico do Forno do Forte, rehabilitado como museo pola Deputación da Coruña e coñecer como era a vida dos oleiros nos anos cincuenta do pasado século.

Galería de fotos de BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Sábado
    10
    Outubro

    Las gratitudes | FIOT ...

    Las gratitudes, de Producciones Teatrales Contemporáneas, chega ao FIO...

  • Sábado
    10
    Outubro

    La voz del becario sho...

    La voz del becario show chega ao FIOT 35 de CarballoEl Famoso Trino at...

  • Sábado
    10
    Outubro

    Artur Ui, o ovo da ser...

    Talía Teatro presenta en Vimianzo Artur Ui, o ovo da serpe, unha revis...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.