A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino baseado na identidade e a autenticidade

A presentación da nova campaña turística marca a aposta da CMAT por un turismo sostible e con voz propia
CMAT FITUR

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DONDE LA TIERRA HABLA Y EL CIELO RESPONDE”, nun acto que reuniu a representantes institucionais e profesionais do sector no stand de Galicia.

A presentación correu a cargo de José Manuel López, presidente da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), quen deu a benvida ás persoas asistentes e puxo en valor o xeodestino como un territorio auténtico e con identidade propia, cunha forma única de entender o turismo e cunha aposta clara por un modelo sostible e coherente co que a Costa da Morte é: “Apostamos por un modelo de turismo respectuoso e sostible, onde a paisaxe, o patrimonio e as persoas van da man”.

Durante a súa intervención, o presidente da CMAT destacou que esa identidade non é un concepto abstracto, senón algo que se constrúe cada día a través da relación das persoas co territorio, da súa historia, da súa cultura e da súa forma de vivir e expresarse. Unha identidade que se percibe na forza da paisaxe, no seu patrimonio, na tradición mariñeira, na gastronomía, na hospitalidade e tamén na maneira de falar e de contar o territorio.

Neste sentido, puxo en valor a campaña como unha aposta por amosar a Costa da Morte tal e como é, sen maquillaxe nin artificios, cun relato propio e diferenciado dentro do mapa turístico galego e estatal. O vídeo principal proxectado durante presentación é unha peza audiovisual que percorre distintos spots emblemáticos da Costa da Morte e que reflicte o territorio desde unha ollada honesta e próxima: coa forza da súa paisaxe, coa súa diversidade natural e patrimonial e, especialmente, coa voz real da súa xente. O vídeo incorpora as intervencións de veciños e profesionais vencellados ao territorio como os xornalistas Josiño Mira e Fran Rodríguez; Tania, técnica de cultura de Zas; e Virxina, da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, cuxas voces aportan autenticidade e reforzan a idea de que a identidade cultural tamén reside na maneira de falar, de sentir e de vivir o territorio.

Ademais o representante do xeodestino agradeceu expresamente o apoio continuado de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña, destacando o papel fundamental que ambas institucións teñen desempeñado desde a creación da CMAT para consolidar un proxecto común baseado na calidade, na identidade e na sostibilidade

A continuación interviñeron Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, que destacou a calidade das accións promocionais da Costa da Morte para situarse nun lugar destacado no turismo galego, e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e diputado de Turismo, que coma sempre, puxo en valor ás súas xentes e como a xente que ven ao destino repite pola experiencia recibida. Así, ambos puxeron en valor o traballo desenvolvido pola CMAT e o potencial da Costa da Morte como destino turístico diferenciado e emerxente.

Como recoñecemento ao apoio institucional recibido, fíxose entrega a ambos representantes do distintivo da CMAT, unha peza de buño personalizada, da man de José Manuel López, presidente da CMAT, e de Margarita Lamela, vicepresidenta da entidade.

O acto continuou coa presentación do libro “A Costa da Morte. Naturalmente única”, a cargo de Pepe Formoso, vogal da CMAT e presidente da APTCM, unha publicación que recolle e pon en valor a singularidade natural, cultural e paisaxística do territorio. Unha publicación feita desde o territorio para mostrar o mellor do mesmo. Un libro de cabeceira que permitirá aos visitantes coñecer aínda mellor todo o que a Costa da Morte ten que ofrecer.

A presentación concluíu cunha fotografía institucional dos representantes dos concellos e da directiva da CMAT xunto a Xosé Manuel Merelles e Xosé Regueira. Unha imaxe que simboliza o compromiso colectivo das administracións e todos os socios da entidade por seguir traballando de maneira coordinada na construción dun modelo turístico común. A CMAT representa hoxe un proxecto compartido por administracións locais, entidades e profesionais que cren nunha promoción conxunta baseada na cooperación, na identidade e no respecto polo territorio.

Con esta presentación en FITUR, a Costa da Morte reafirma o seu posicionamento como un destino que non busca parecerse a outros, senón proxectar con orgullo o que sempre foi: un territorio vivo, habitado e profundamente auténtico, cunha voz propia que hoxe soa con máis forza ca nunca.

CMAT FITUR 2026 Buño
CMAT FITUR 2026 Buño

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.