Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, reducir a contaminación luminosa, e crear unha estratexia común de promoción e divulgación científica. O obxectivo é que o ceo estrellado sexa un activo turístico sostible que xere oportunidades para o territorio durante todo o ano.
Un dos puntos clave foi a renovación do Selo Starlight, imprescindible para que o xeodestino siga certificado como Destino Starlight. A colaboración entre CMAT e a Asociación de Astroturismo permitirá coordinar accións, formación e produtos turísticos específicos (roteiros, observacións, actividades didácticas) que dean resposta á crecente demanda de turismo de estrelas.
Tamén se avanzou na preparación do Eclipse de 2026, unha oportunidade única que require planificación, orde e mensaxes claras para visitantes e veciñanza. Ambas entidades puxeron en valor a aprendizaxe compartida no VIII Encontro Internacional Starlight de Soria (outubro), ao que asistiron para impulsar a Costa da Morte como Destino Starlight.
Asistentes
- Jose M. López, alcalde da Laracha e presidente da CMAT
- Margarita Lamela, alcaldesa de Cee e vicepresidenta da CMAT
- Francisco J. Domíguez, alcalde de Corcubión e secretario da CMAT
- Sandra Vilela, tenente alcaldesa de Muxía e tesoureira da CMAT
- María Lema, concelleira de Turismo e Cultura de Dumbría e vogal da CMAT
- Pepe Formoso, presidente da APTCM e vogal da CMAT
- Damián Álvarez, secretario da APTCM e vogal da CMAT
- Yolanda Díaz, presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Nieves Lema, vicepresidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Silvia Bouzas, secretaria da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Andrés García, vogal da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Jacobo Suárez e Marta Baños, Asistencia Técnica da CMAT