Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turístico de Uribe. Esta viaxe é unha oportunidade para coñecer de primeira man iniciativas innovadoras que están a dar resultados noutros territorios similares ao noso e que poderían adaptarse á nosa realidade territorial, buscando aprender de modelos que funcionan e establecer lazos de colaboración.
A comitiva estará encabezada por Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas e presidente da CMAT, acompañado por María Lema Santabaya, concelleira de Turismo de Dumbría e vicepresidenta da entidade; Pepe Formoso Mourelos, presidente da APTCM e secretario da CMAT; José Muíño Domínguez, alcalde de Cabana e tesoureiro da CMAT; Damián Álvarez Tajes, secretario da APTCM e vocal da CMAT; e Marta Baños Talaván, responsable de asistencia técnica da CMAT (GOODLIFE).
PROGRAMA VISITA URIBE – COSTA DA MORTE
14 DE MAIO – MÉRCORES
- 9:00 h. Encontro institucional e presentación da ADR Jata-Ondo e o destino Uribe no Concello de Laukiz.
(Asisten: Ion Gorka Elgezabal, presidente de Jata-Ondo e alcalde de Laukiz; Jokin Etxebarria, xerente de Jata-Ondo; Jagoba Martínez, técnico de Jata-Ondo). - 11:00 – 13:30 h. Visita ao Flysch de Bizkaia (Barrika – Sopela).
Seguramente nos acompañe a técnica de turismo do Concello de Sopela e o concelleiro de promoción económica e turismo. - 16:00 h. Visita ao caserío Landetxo Goikoa de Mungia.
Está previsto que asista a alcaldesa de Mungia e un técnico, ademais do alcalde de Maruri-Jatabe e presidente da mancomunidade Uribe-Butroe. - 17:30 h. Visita á explotación agrícola Mustai Ortua.
Asistirá tamén o alcalde de Maruri-Jatabe. - 19:00 h. Visita ao Castelo de Butrón.
15 DE MAIO – XOVES
- 9:00 h. Saída cara a San Xoán de Gaztelugatxe.
- 12:00 h. Saída cara a Larrabetzu para coñecer o núcleo urbano, o Camiño de Santiago e a Ruta Medieval.
- 16:00 h. Encontro con representantes de empresas do sector turístico:
Hostalería-Restauración, Aloxamentos Rurais e Turismo Activo.