A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe, con experiencias turísticas

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe, con experiencias turísticas
Banner Concurso Fotográfico

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa gañadora do Premio do Público como á gañadora do Premio do Xurado

ZAS, 30/10/2024. O I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe, organizado pola CMAT, finaliza este 31 de outubro ás 23:59. Será nese momento cando o xurado delibere entre as máis de cincuenta fotografías participantes e decida as tres finalistas que competirán polo Premio do Xurado.
A primeira edición deste concurso conta tanto cun Premio do Público como cun Premio do Xurado. Será este último o que precisará da deliberación do xurado, cuxa composición será dada a coñecer na próxima semana.

Experiencias na Costa da Morte para premiar aos gañadores

O Premio do Público será para a fotografia que, no momento en que finalice o concurso,
conte con máis gústame na publicación de Instagram coa que participou no mesmo.

No Premio do Xurado, a decisión sairá das persoas do xurado, que elixirán de entre todas
as fotografias participantes tres finalistas, das que haberá unha gañadora. Tanto esta fotografía como as outras dúas finalistas e a gañadora do Premio do Público serán expostas durante o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT, que se celebrará o martes 12 de novembro no Pazo de Trasariz, en Vimianzo.
Os premios consistirán nunha noite para dúas persoas nun establecemento da Costa da Morte e unha experiencia gastronómica, ademais da entrega da fotografía impresa e un diploma.

Unha primeira edición exitosa

Este concurso fotográfico, activo durante cinco meses nas redes sociais da CMAT, serviu para coñecer a visión que as diferentes persoas que visitan e viven na Costa da Morte teñen sobre o noso territorio.


Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas, valorou positivamente o desenvolvemento do concurso: «Baixo o cancelo #concursonaturalmentesalvaxe, máis de 50 fotografías demostran a diversidade de puntos de vista que a comunidade da CMAT ten nas redes sociais. Esta primeira edición abre unha boa oportunidade para seguir ampliando as iniciativas de promoción turística nas redes sociais».

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg