Search
Close this search box.

A CMAT e a Deputación da Coruña colaboran un ano máis para o desenvolvemento turístico da Costa da Morte

A Deputación da Coruña concede unha axuda de 95.520 euros á entidade para levar adiante as accións de xestión e promoción turística na Costa da Morte durante o ano 2024.
Cmat Deputacion Colaboran Desenvolvemento Turistico Costa Da Morte 2024 Es 1720525975

ZAS, 09/07/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) recibe o apoio da Deputación da Coruña a través da concesión da subvención dentro do programa de axudas dirixido a entes de xestión turística para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña no ano 2024.

95.520 euros sobre un orzamento total de 119.400 euros

O apoio do organismo provincial supón unha importante axuda para o desenvolvemento turístico na Costa da Morte, pois implica unha axuda do 80% sobre o total do orzamento de actividades e accións da CMAT para o exercicio 2024. Neste sentido, desde a directiva da CMAT, destácase a importancia de que a Deputación apoie cada ano a labor da entidade, imprescindible para que esta poida seguir liderando a xestión e promoción turística do xeodestino Costa da Morte, referente de turismo de calidade a nivel autonómico e nacional.

Un programa de actividades ambicioso e ilusionante

Desde o ano 2018, a CMAT impulsou un Plan de Acción para o Turismo na Costa da Morte que funciona como unha folla de ruta para impulsar o turismo a través de cinco grandes retos: lograr que a Costa da Morte sexa un destino turístico recoñecido pola súa calidade; contar cun modelo de desenvolvemento turístico sostible a nivel económico, ambiental e social; acadar un maior equilibirio dos fluxos turísticos a nivel territorial e ao longo do ano; contar cun tecido turístico máis unido e coordinado e consolidar a marca turística Costa da Morte a nivel rexional, nacional e internacional.

Despois de seis anos de moito traballo en diferentes áreas, neste ano 2024 a CMAT busca dar continuidade ás actividades que están funcionando con éxito e eficacia. Así, as accións que se están a desenvolver e se levarán a cabo nesta anualidade, no marco destas axudas, son as seguintes:

  • Implantación do Sistema de Calidade turística en Destino (SICTED), que se iniciou en 2023 coa adhesión de 35 empresas de aloxamento, turismo activo, museos e centros de interpretación e oficinas de información turística, e que continúa esta anualidade con outras 40 máis, entre as cales tamén se atopan restaurantes, artesáns e comercios de artesanía local. Todos os participantes recibiron formacións estes meses antes do verán, e continuarán con visitas de asesoramento para a implantación dun plan de melloras, así como diferentes actividades formativas e de traballo en rede a partires de setembro.
  • Darlle continuidade á mellora da competitividade no sector astroturístico con actividades e formacións sobre a mellora da iluminación e a redución da contaminación luminosa, como a xornada celebrada no Dolme de Dombate o pasado mes de xuño. Ademais, este ano, do 1 ao 4 de outubro, celebrarase na Costa da Morte, en concreto, na Casa da Cultura de Cee, o VII Encuentro Internacional Starlight, que traerá expertos e expertas do astroturismo nacionais e internacionais, e que servirá tanto para posicionar o destino da Costa da Morte como para poñer á disposición das empresas, concellos e poboación local, múltiples referencias de proxectos de dinamización turística a través do astroturismo en todo o mundo, que servirán sen dúbida de inspiración e de impulso á posta en marcha de novas iniciativas deste tipo na nosa bisbarra.
  • Promoción do destino e produtos turísticos prioritarios a través da rede e dos medios de comunicación. Coa idea de continuar promocionando o xeodestino, estase profesionalizando tanto a xestión das redes sociais como da web da CMAT e a difusión en medios de comunicación. A través dos servizos dunha empresa especializada nestes campos, as redes da CMAT xa creceron, en conxunto, en máis de 1.100 seguidores. Tamén mellorou a presenza en medios de comunicación, con medio centenar de noticias publicadas en diferentes xornais no mesmo período. Este servizo tamén puxo en marcha o I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe, aberto ata o 30 de outubro deste ano 2024.
  • Actualización e mellora da páxina web de promoción turística da CMAT, visitacostadamorte.com, coa que se está a traballar desde hai uns meses, e que verá a luz nas vindeiras semanas.
  • Nova edición do mapa turístico da Costa da Morte, na que se están introducindo diversas melloras, coma por exemplo, incorporar un pequeno espazo para cada un dos concellos socios da CMAT, cunha proposta de ata 3 plans a facer en cada un deles, relacionados coa natureza, a cultura e a gastronomía ou festas. Ademais, o mapa incorporará un código QR que dirixirá á nova web de turismo na que se está a traballar, e onde se informará das empresas turísticas adheridas á CMAT a través de APTCM.
  • Para levar a cabo todas estas actividades, a CMAT conta, ademais, co apoio dun servizo de asistencia técnica e outro de asesoría contable para garantir que a entidade cumpre cos requisitos necesarios para xestionar axudas e fiscalidade.

En definitiva, este 2024 é un ano de progreso para o desenvolvemento da xestión turística na Costa da Morte. Este progreso estase a traducir en importantes noticias para todo o territorio, como o feito de ser sede para o VII Encontro Internacional Starlight de Astroturismo.

A colaboración público-privada está a ser un motor de desenvolvemento moi relevante para a Costa da Morte e a CMAT é un gran exemplo deste tipo de sinerxías. Por iso, o apoio de organismos como a Deputación da Coruña é crucial para continuar traballando na dirección correcta.

Estase a traballar, paralelamente, para asinar un convenio de colaboración entre a CMAT e Turismo de Galicia para 2024, co cal se ten previsto poñer en marcha viaxes de blogueiros profesionais do turismo para promocionar o patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, a súa gastronomía, a súa artesanía e o proxecto Starlight, así como outras iniciativas de promoción turística, como será o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará en novembro deste ano, pendente aínda de establecer onde. Tense previsto, en setembro, solicitar propostas ao sector privado da Costa da Morte para acoller o evento, que coa súa cuarta edición, pódese dicir que xa está consolidado como o gran evento da unión do sector do territorio.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg