Search
Close this search box.

Aberta a inscrición para o VII Encontro Internacional Starlight na Costa da Morte

A inscrición para asistir en persoa está aberta ata o 7 de setembro e, para asistir de xeito remoto, ata o 20 setembro de 2024. O Encontro Internacional Starlight, na súa VII edición, coincidirá coa II Conferencia Internacional Starlight e co V Encontro de Guías e Monitores Starlight.
Inscripcion Vii Encuentro Internacional Starlight Es 1723017671

ZAS, 07/08/2024. A inscrición para o VII Encontro Internacional Starlight está aberta. O evento, que se celebrará en Cee entre os días 1 e 4 de outubro deste ano 2024, convertirá á Costa da Morte no epicentro do astroturismo a nivel internacional.

A inscrición no VII Encontro Internacional Starlight

A inscrición para este evento estará aberta tanto para a asistencia presencial como online, coas seguintes datas e prezos.

Inscrición para asistir en persoa:

  • Data límite de inscrición: 7 de septiembre de 2024.
  • Prezo: 130 euros.

Inscrición para asistencia online:

  • Data límite de inscrición: 20 de setembro de 2024.
  • Prezo: 30 euros.

A inscrición, en calquera das súas modalidades, pódese facer a través deste formulario web.

Un encontro de gran importancia para a Costa da Morte

O VII Encontro Internacional Starlight reunirá a profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, medios de comunicación, monitores e guías Starlight, centrando o seu enfoque nos eixos transversais da Fundación Starlight: astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado á luz das estrelas, protección do ceo e difusión da astronomía.

II Conferencia Internacional sobre Astroturismo atraerá a expertos de diferentes lugares do mundo para ofrecer unha visión ampla e diversa sobre as tendencias e o desenvolvemento no eido do astroturismo a nivel internacional. Será tamén un bo momento para poñer en contacto a profesionais e entusiastas do astroturismo de países distintos, creando grandes oportunidades para futuros proxectos e colaboracións.

Manuel Muíño, presidente da CMAT, asegura que o feito de acoller este encontro é un “indicativo da enorme implicación e compromiso dos concellos da Costa da Morte co noso xeodestino turístico”.

Segundo a directora da Fundación Starlight, Antonia Varela, “a Costa da Morte é un dos Destinos Turísticos máis novos da Rede Starlight, pero levou a cabo un camiño ascendente e cunha sólida estratexia astroturística, á que se suma o gran compromiso das administracións públicas e empresas responsables do territorio, afíns aos principios da Rede Starlight”.

A Fundación Starlight salienta que celebrar este encontro na Costa da Morte é tamén estratéxico para toda Galicia, que xa conta con sete Destinos Turísticos Starlight, sendo a terceira comunidade autónoma con máis certificacións deste tipo, despois de Castela A Mancha e Canarias, empatada con Castela e León e seguida moi de preto por Andalucía, Cataluña ou Aragón.

Polo tanto, a celebración deste congreso na Costa da Morte é histórica e unha oportunidade única de posicionamento internacional como destino turístico, establecendo un precedente para futuros eventos e xerando oportunidades económicas a curto e medio prazo.

Un evento asentado a nivel nacional e internacional

Nas súas anteriores edicións, este evento celebrouse en lugares tan diversos como Gredos (Castela e León), Menorca (Baleares), Mosteiro de El Olivar (Aragón), Évora (Portugal) ou Fuencaliente de La Palma (Canarias). O pasado encontro de 2023, no que a Costa da Morte foi o único Destino Starlight de Galicia que participou como relator, tivo lugar en Cuenca, atraeu a máis de 200 participantes e, ano tras ano, demostra ser un evento de gran impacto económico e social no territorio.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg