Itinerario de gran beleza paisaxística que nos conducirá polas campiñas e a paisaxe litoral da Enseada de Nemiña. Praias, sistemas dunares, estuarios, cantís e mosaicos agro-pastorais dan acubillo a unha rica comunidade ornítica, con grandes continxentes de aves acuáticas e mariñas e unha heteroxénea mostra das pertencentes a medios terrestres abertos, tales como as ligadas a terreos agrícolas, pasteiros e áreas de matogueira. Ademais, a estratéxica situación xeográfica e adecuadas características ambientais que reúne a zona, convértena nun enclave ideal para os buscadores de rarezas e aves escasas.
�
+información