O Concello de Carnota recibe un premio na Feira de Turismo de Berlín.
O novo vídeo turístico e institucional do Concello de Carnota, que leva por título ‘O Legado’, acaba de ser premiado nos The Golden City Gate Awards 2018. Estes galardóns, entregados durante a Feira Internacional de Turismo de Berlín (ITB), son considerados os premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo.
Celebrados anualmente dende 2001, o certame ven de celebrar a súa 18ª edición, que como sempre contou con diversas categorías (país, rexión, cidade, eventos, campañas…) Un xurado internacional formado por 40 expertos foi o encargado de votar os distintos gañadores en cada sección. ‘O Legado’, unha produción en versión orixinal galega, recibiu o segundo premio na categoría de rexións. Trátase dun galardón destinado a atraer o turismo internacional á zona, entregado no marco da feira líder neste sector.
O principal patrocinador desta competición é a Federación Alemá de Produtores Audiovisuais, e dende a súa creación teñen participado máis de 40 países e cerca de 1700 traballos. O acto de entrega tivo lugar esta mañá no recinto feiral de Berlín, onde recolleu o premio Ramón Noceda, alcalde de Carnota.
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...
Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...
O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...
Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...
Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...
Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de boas prácticas que respo...
A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!