A Deputación financiará a rehabilitación e a posta en valor do muíño de vento de Laxe

Imagen Por Defecto Posts

A Deputación da Coruña colaborará co Concello de Laxe na rehabilitación e posta en valor do muiño de vento da localidade, coñecido como o de “Manolo do Rei”.

O alcalde da localidade, José Manuel Mouzo, acompañado de membros do goberno municipal laxense, reuniuse esta mañá co presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, ao que explicou o proxecto para a adquisición e recuperación deste muíño de vento, único na Costa da Morte polo seu sistema de moa a base de engranaxes independentes e velas de lenzo triangulares como as que tiñan os barcos. O muíño foi construído en 1924 polo laxense Manuel Ramos Mesías e funcionou até 1936. Actualmente está catalogado como ben de patrimonio arquitectónico municipal con protección ambiental.

Entre os seus compoñentes, conta con elementos construtivos e mecánicos moi peculiares coma o sistema de moa, o mesado de madeira no interior sobre o que se asentaban as moas, feitas en pedra do país, velas triangulares de lenzo, como as dos barcos, cuberta orixinal de cinc, xiratoria por medio de rodas de madeira, ou o cataventos no extremo superior que permitía coñecer a dirección do vento dende o interior. Segundo explicou o alcalde, o Concello de Laxe conta co ofrecemento de cesión gratuíta e a autorización dos propietarios actuais, para poder emprender as actuacións que sexan precisas para a consecución deste proxecto tanto no muíño como na súa contorna.

O presidente provincial ofreceu a colaboración económica da Deputación para “un interesante proxecto de recuperación dun inmoble singular do patrimonio histórico, cultural e etnográfico de Laxe” e sirva como reclamo turístico, xa que se ubica no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa, que ofrece unhas interesantes vistas panorámicas do pobo.

Entre as melloras previstas, realizaranse actuacións previas de limpeza e desbroce do interior, do exterior e do camiño que inclúe a reparación do sendeiro e das rampas de acceso, reconstruirase o interior e exterior do muíño en función dos planos orixinais da maquinaria e do legado fotográfico-histórico, mantendo e restaurando os cimentos orixinais con portas e ventás contrapostas, levarase a cabo a recuperación da estrutura da cuberta de cinc e reelaborarase e colocarase a maquinaria (veleta, velas, cordames, caixóns de millo e fariña, moas de pedra…) de xeito que o muíño recupere o seu aspecto orixinal e a súa funcionalidade.

A finalidade do proxecto, cuxo custe se estima en 120.000 euros,  pasa pola recuperación e a posta en valor dun ben patrimonial, artístico, cultural, histórico, didáctico e etnográfico municipal e da súa contorna. Entre outras iniciativas, o obxectivo é a realización de actividades e recreacións históricas no muíño que permitan as escenas teatralizadas, as visitas didácticas e a celebración de actividades culturais. 98.000 euros para adquirir unha nave para usos municipais

Por outra banda, a Deputación da Coruña e o Concello de Laxe asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración por importe de 98.000 euros para a adquisición dunha nave industrial de 622 metros cadrados e unha parcela libre de 907 metros cadrados para usos municipais. Trátase dun tipo de construción escasa ou inexistente en Laxe, que non conta cun parque empresarial nin polígono industrial no Concello. A adquisición desta nave, de tamaño tres veces maior ao almacén actual, servirá para contar cun espazo onde estacionar os vehículos do parque móbil municipal, así como materiais e ferramentas.

 

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.