As Torres do Allo abrirán tódolos días a partir deste venres 15 de xuño

Las torres do allo abriran todos los dias a partir de este viernes 15 de junio 1529317025

Comeza a tempada alta no primeiro pazo de Galicia. A partir deste venres 15 de xuño e ata o 15 de setembro, o monumento do Concello de Zas abrirá tódolos días. Deluns a venres o horario será de 11:00 da mañá a 20:00 da tarde; e o sábado e domingo permanecerá aberto ata as 21:00 horas. Haberávisitas guiadas gratuítas tódolos días á 13:00 e ás 17:00 que terán unha duración aproximada de 50 minutos e nas que se poderá coñecer a historia completa do pazo dende o século XV ata a actualidade, e visitar a contorna chea de encantos como a carballeira centenaria de Vítor López-Seoane, a capela de San Pedro do Allo, a fonte milagreira de San Ramón, as Casas do Curro e o pombal, os hórreos, ect…

Por se fora pouco, a finais de mes arrinca unha iniciativa sorprendente para visitas as Torres dunha maneira completamente diferente. O Pazo do Allo convértese nunha enorme “Escape Room”, un xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que deberemos atopar a maneira de escapar do pazo nun tempo límite. Unha proposta para as persoas máis atrevidas onde se coñecerán lugares das Torres do Allo aos que non se pode acceder na visita normal. A actividade é completamente gratuíta, para grupos de entre 2 e 10 persoas, e para reservar un día en concreto simplemente hai que escribir un correo a info@torresdoallo.gal.

Ademais, o 1 de xullo arrinca tamén o II Concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo” con premios en metálico para as tres mellores e máis votadas fotografías. Tralo éxito de participación da anterior edición agardamos que sexan moitas as persoas que se acheguen ás Torres para captar a beleza do monumento e da natureza. Volverán tamén ao longo do período estival as xa clásicas visitas teatralizadas cos Quinquilláns. Unha actividade para toda a familia á que se suma tamén o Xogo de Pistas para facer un percorrido diferente polo pazo que precisa da colaboración dos máis pequenos da casa.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.