O “Escape Room” das Torres do Allo rexistra 75 reservas nunha semana
A nova actividade deseñada pola Concellería de Cultura de Zas para visitar e coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia está superando tódalas expectativas. Dende que se anunciara nas redes sociais a semana pasada esta orixinal actividade no Pazo do Allo, máis de setenta e cinco persoas reservaron praza para visitar as Torres en menos dunha semana.
Un “escape room” é un xogo de escapismo onde un grupo de persoas teñen un tempo limitado para conseguir saír da estancia onde están encerrados. A través dunha historia que fía a narración, o equipo ten que ir resolvendo puzzles, abrindo cadeados, e utilizando obxectos especiais para conseguir escapar no menor tempo posible. Unha actividade diferente para persoas que busquen unha experiencia activa, esixente e divertida.
As Torres do Allo convértense nun gran taboleiro de xogo onde un grupo de entre 2 e 10 persoas ten 90 minutos para resolver o misterio e poder volver ás súas casas. O primeiro “Pazo Escape” do mundo ponse en marcha este verán no Concello de Zas. A actividade é completamente gratuíta e pódese realizar de luns a domingo ás 11:30 ou ás 16:30 baixo reserva previa (info@torresdoallo.gal).
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...
Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...
O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...
Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...
Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...
Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de boas prácticas que respo...
A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!