Chega o verán a Cabana de Bergantiños, durante todo o mes de xullo os nenos e nenas de 4 a 12 anos poden participar no programa meniñeiro-conciliación que se realiza entre as 10:00 e as 14:00 horas. Tamén será estes días, do 6 ao 9 de xullo, a viaxe de irmanamento a Traize-Sptiers, en Francia. A praza de Neaño acolle este domingo, día 8, un festival de baile tradicional no que participara o grupo Inllar.
As visitas ao Dolmen de Dombate volven os sábado de xullo e agosto da man de Os Quinquilláns e o seu espectáculo “No tempo das pedras”. Haberá dúas sesións, unha as 18:00 e outra ás 19:30 horas. As romarías tamén serán as protagonistas dos meses de xullo e de agosto, coa do Carmen do Briño (18 de xullo), Santa Mariña de Corcoesto (21 de xullo), San Fins do Castro (1 de agosto), entre outras. No verán tamén haberá tempo para o cine ao aire libre nas distintas parroquias do concellos.
No verán de Cabana tampouco podía faltar a festa do Castro Animado (28 de xullo), a ruta das estrelas con Jorge Mira (10 de agosto), a festa do Medievo en Riobóo (11 de agosto) e como novidade un concerto con aforto limitado en Dombate con Carlos Núñez (13 de agosto).