A casa da Cultura de Cee acolle pasado mañán xoves, ás 20:00 horas unha charla informativa sobre as subvencións da Deputación organizada pola agrupación provincial do PSdeG-PSOE. Nesta charla intervirán a voceira socialista en Cee, Margot Lamela Louzán, e Jessica Lago, técnica da Deputación da Coruña.
A iniciativa está dirixida principalmente ás asociacións e clubes que traballan no eido da cultura e o deporte, os servizos sociais, asociacións de nais e pais, e asociacións veciñais, así como outros colectivos que poden optar ás subvencións. Ao longo da charla, recibirán información específica de cada unha das convocatorias vixentes. A representante da Deputación da Coruña dará resposta a todas as dúbidas que teñan con respecto ás subvencións, prazos ou requisitos.