A Semana Cultural inclúe dúas rutas para coñecer o patrimonio arqueolóxico de Zas
Durante os próximos días haberá citas para todos os públicos en Zas como teatro, monólogos, exposicións, obradoiros… e dous roteiros a través dos cales coñecer a riqueza arqueolóxica do noso municipio. A primeria destas rutas será este martes, 31 de xullo. Acompañados dun guía, os participantes farán un percorrido por varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas.
A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...
A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...
A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...
CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...
2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...
A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...
A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...
A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...
O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...
CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...
Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...
Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...
A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...
A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...
A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da Costa da M...
Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer o intercambio de e...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!