Case 400 fotografías presentadas ao II Concurso “Enfoques do Allo” dobrando a participación da primeira edición.

Case 400 fotografias presentadas ao ii concurso enfoques do allo dobrando a participacion da primeira edicion

O pasado 20 de agosto pechábase o prazo para enviar arquivos ao II Concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”. Un certame de fotografía que escolle a mellor instantánea realizada cun teléfono móbil no monumento das Torres do Allo e o seu contorno. Púxose en marcha por primeira vez o ano pasado cunha resposta formidable; pero nesta segunda edición recibíronse 390 imaxes de altísima calidade de 90 persoas diferentes, o que duplica practicamente a participación do 2018.

Neste concurso organizado pola Concellería de Cultura de Zas como parte do seu programa de actividades na xestión das Torres do Allo, as fotografías gañadoras son escollidas por votación popular nas redes socias oficiais do monumento no Facebook e Instagram. Un xurado composto por persoeirxs e profesionais de referencia no eido da comunicación escollerá as dez fotografías finalistas que logo serán publicadas nas redes para a súa votación. Desta volta o xurado está composto por Jorge Parri, reporteiro gráfico para diferentes medios na Costa da Morte; Andrea Rodríguez, presentadora en Radio Nordés Cadena Ser; Verónica Couto, presentadora de Radiovoz; Tania Carreira, técnico de turismo do Concello de Zas; e Marcos Rodríguez, fotógrafo. O vindeiro xoves 30 de agosto ás 19:00 horas reuniranse nas Torres do Allo para seleccionar as footgrafías finalistas.

O prazo de votación popular nas redes sociais abrirase no momento da súa publicación dixital o 1 de setembro e as fotografías gañadoras serán aquelas que teñan un maior número de “gústame” sumando as interaccións do Facebook e Instagram. Serán tres imaxes as galardoadas que levarán como premio un trofeo e diploma, a fotografía impresa en gran formato, e unha dotación económica de 100, 75 e 50 euros respectivamente.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.