Comeza o horario de tempada baixa nas Torres do Allo.

Comienza el horario de temporada baja en las torres do allo

Este pasado domingo 16 de setembro pechou a tempada alta no pazo máis antigo de Galicia. Un precioso concerto do dúo folk Caamaño-Ameixeiras serviu como colofón final a un verán histórico nas Torres do Allo. Máis de cen persoas acudiron á convocatorio da Concellería de Cultura de Zas para dar por finalizada a tempada alta no pazo do Allo. A partir desta semana, dende este luns 17 de setembro e ata o 15 de xuño do ano que vén (salvo Semana Santa), o monumento das Torres do Allo abrirá os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 da mañá a 19:00 da tarde. As visitas guiadas gratuítas seguirán sendo á 13:00 e ás 17:00; non é necesario facer reserva.

Continuamos coas actividades para toda a familia co Xogo de Pistas “Os Segredos Ocultos nas Torres” que se pode realizar a calquera hora en horario de apertura e tamén sen reserva previa. Non así o Escape Room “Pazo do Allo”, un innovador xogo de escapismo para grupos de persoas adultas, que finalizou tamén este domingo pasado con un éxito fóra de toda previsión. Nel participaron máis de 500 persoas de todas partes de Galicia e do resto do Estado cun grao de satisfacción moi alto que fai pensar xa na vindeira edición.

Este outono dará comezo tamén o Programa Didáctico das Torres do Allo enfocado á comunidade educativa con visitas guiadas adaptadas a cada tramo de idade e obradoiro escolares como Sementes do Allo, Escudo de Familia, a Xincana do Allo, e Tecendo a miña Roupa. Estas actividades realizaranse os venres e son totalmente gratuítas baixo reserva previa por parte dos centros escolares. Dende a web www.torresdoallo.gal pódese descargar o cartafol con todo o programa didáctico, consultar os novos horarios de apertura, e permanecer atentx ás actividades especiais que se realizan durante todo o ano no monumento do Concello de Zas.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.