O cociñeiro Fernando Agrasar defende en Gastronomika a “autenticidade” como símbolo da gastronomía galega.

O cocineiro fernando agrasar defende en gastronomika a autenticidade como simbolo da gastronomia galega

O propietario de As Garzas de Malpica participou na feira de San Sebastián no programa da Deputación da Coruña. Co título “Realismo Atlántico” o cociñeiro Fernando Agrasar participou este martes no programa oficial de San Sebastián Gastronomika, feira internacional en que se dan cita os principais nomes da gastronomía do mundo. O propietario de As Garzas de Malpica participou no espazo da Deputación da Coruña que por primeira vez asistía ao evento de promoción da cociña e o turismo gastronómico. 

Na súa intervención en Gastronomika,  Fernando Agrasar centro o seu discurso na calidade do produto galego e na beleza dunha paisaxe singular para afirmar que o “territorio e a autenticidade son o símbolo identitario da gastronomía galega”. Nun foro composto maiormente por especialistas do sector, Agrasar botou man de exemplos como o allo e a cebola de Barizo para dar conta da calidade dos materiais cos que se cociñan os pratos galegos e de encontros como a popular “feira de Carballo onde aínda se pode comprar produto auténtico da horta da zona, produto quilómetro cero”. Destacou tamén algúns produtos de calidade que teñen orixe galega e que están a surtir á gastronomía internacional como as algas de Portomuíños. 

Dentro do programa en que participou Fernando Agrasar, desenvolveuse unha degustación de empanada que, como destacou, estaba preparada en parte polo alumnado da Escola de Cociña de Carballo que inicia a súa andaina coa idea de formar profesionais de altura no sector.  O propietario de As Garzas, de Malpica, agradeceu á área de Turismo da Deputación da Coruña, que dirixe o deputado Xosé Regueira, por dar a coñecer a gastronomía galega en eventos de especial relevancia para a súa promoción internacional como é o Gastronomika. 

Fernando Agrasar naceu en Santiago de Compostela (1973) e é chef e propietario do restaurante As Garzas. Conta cun sol Repsol desde 2013 e unha estrela Michelín desde o ano 2010. É tamén director da primeira escola de Hostalería do Concello de Carballo e recibiu premios como o “Álvaro Cunqueiro e o Premio de Turismo e Gastronomía ao Mellor Proxecto Empresarial do ano 2010. 

Ademais da participación de Fernando Agrasar, a área de Turismo da Deputación da Coruña promove en Gastronomika produtos como o pan de Carballo. Gastronomika desenvólvese desde o 8 ao 10 de outubro no Kursaal de San Sebastián onde se dan cita estes días os principais nomes da gastronomía mundial e do sector turístico e de comunicación especializada no ámbito converténdose nunha plataforma de singular interese no ámbito. 

“Participar en Gastronomika é unha grande oportunidade para dar a coñecer a nosa riqueza gastronómica e tamén como destino de calidade. Queremos difundir a condición singular da nosa oferta e este é, sen dúbida, o foro acaído”, sinala o deputado Xosé Regueira para quen a presenza da Deputación da Coruña está a “xerar gran expectación, coa intervención brillante de Fernando Agrasar, a degustación de produtos propios e o atractivo que supón nun sector que está a procurar unha oferta singular e, como el mesmo dixo na súa intervención, auténtica”.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.