Presentación do programa de actividades “Laxe Outono 2018”

Presentacion del programa de actividades laxe outono 2018

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto reLAXEse, para o cuarto trimestre deste ano 2018.

Facemos chegar os carteis cos que anunciamos as actividades do cuarto trimestre deste ano. Nelas recollemos un programa, completo e variado, pensado para os públicos máis diversos.

Os Penedos de Pasarela e Traba gozan por primeira vez dunha programación conxunta entre os Concellos de Laxe e Vimianzo. O sábado 20 ás 9.00 horas haberá unha andaina polos Penedos. A participación é gratuita e a inscripción está dispoñible dende a web turismolaxe.gal. Para o sábado 27 ás 18.00 horas está previsto un recital poético conmemorativo da Paisaxe Protexida. Será na Cachucha e correrá a cargo de Manuel Rivas. O punto de encontro será na escola unitaria de Pasarela ás 19.00 horas e non se require inscrición previa.

No marco da celebración popular do Samaín, organizamos unhas xornadas terroríficas orientadas a público maior de 16 anos. Trátase dunha proposta novedosa, coa que pretendemos dinamizar a ponte de novembro e diversificar a oferta de actividades turísticas:

  • O mércores 31 de outubro de 21.00 a 23.00 horas organizamos un camiño do terror polo paseo marítimo. A distancia de 1 km estará repleta de sustos e aventuras, soamente aptas para os máis valentes. A saída en grupos de 5 persoas farase dende a caseta de socorrismo.
  • O xoves 1 de novembro será o turno para os máis pequenos. Ás 19.00 horas haberá unha sesión de maxia terrorífica no Museo do Mar. O espectáculo está aberto a tódolos públicos.
    As persoas maiores de 16 anos, poderán participar nun tunel do terror o venres 2 de novembro a partir das 20.00 horas. Será no Museo do Mar, convertido nunha terrorífica clínica psiquiátrica para a ocasión. Os grupos serán de 5 persoas.
  • O sábado día 3 de novembro de 20.00 a 23.00, cluedo en vivo para maiores de 16 anos. Os grupos de 10 persoas entrarán cada 45 minutos.
    A estas actividades hai que sumar as presentación do libro “Toponimia do Concello de Laxe”, e diversas charlas informativas sobre as distancias das plantacións, a avespa velutina ou a micoloxía.

As visitas guiadas tamén terán marcada presenza no programa de actividades dos vindeiros meses: as visitas a ETAP do Vadalama e a EDAR da Canteira, a recolección de cogumelos nos montes de Laxe, e o patrimonio relixioso son as propostas.

E como non, actividades prácticas através de talleres participativos: un de cociña ecolóxica e nutrición deportiva, e outro de elaboración de xabón artesanal, completan este apartado. Súmanse finalmente as campañas do sector comercial, a través da celebración do BLACK FRIDAY e unha campaña específica de Nadal. Ambas en colaboración coa asociación de comercio local, COMERLAXE. Tódalas actividades son gratuítas e contan co apoio económico da Deputación Provincial da Coruña.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.