Este mércores ás 17:00h terá lugar en Cee unha xornada gratuíta sobre como mellorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos. Esta xornada está orientada a empresarios do sector turístico (servizos de aloxamento, restauración, hostalería, operadores transporte, actividades de ocio, etc) e público en xeral.
Impartido por Álvaro Domínguez, CEO de COSTA Cx+, consultora especializada en customer experience ou experiencia do cliente e Borja Pérez, director en TANGRAM Estudio Creativo, consultora especializada en Estratexia online, Branding, Publicidad e Social Media.
A Xornada comezará cunha presentación das axudas do Programa de Competitividade Turística, abordando tamen os seguintes temas
- A diferenciación/ventaxa competitiva nas empresas
- O cliente
- Personalización
- Relacións cos clientes
- Fidelización
O encontró rematará cun coloquio entre os asistentes no que intentaran resolverse todos os rogos e preguntas sobre o tema principal da xornada. Para inscribirse é necesario enviar un email a formacion@camaracoruna.com ou chamar ao teléfono 981216072 indicando nome, apelidos, NIF empresa, teléfono e email. As prazas son limitadas e o prazo remata este mércores ás 13:00h.