A Deputación da Coruña aposta polo turismo de calidade cunha liña de apoio ás entidades do sector

La diputacion de a coruna apuesta por el turismo de calidad con una linea de apoyo a las entidades del sector

A área de Turismo da Deputación da Coruña destina un orzamento de 750.000 euros do ao programa de subvencións para entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas. As entidades do sector poderán acadar unha axuda de 120.000 euros, até o 80% das actividades.

Actuacións en materia de calidade, organización de celebracións e eventos turísticos, iniciativa de desenvolvemento de produtos e xestión técnica dos entes, asociacións, mancomunidades e consorcios son proxectos que son obxecto de subvención nunha liña que ten como obxectivo a profesionalización e mellora do sector turístico.

Na pasada edición, recibiron axuda a través desta liña de concorrencia competitiva entidades como o Consorcio de Turismos e Congresos da Coruña, o ente de Turismo de Santiago de Compostela, o Consorcio das Mariñas, a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a Asociación Muros Vila de Auga e Sal, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, a Asociación de Turismo da Costa da Morte, a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia ou as mancomunidades de concellos de Ferrol e a Ría Arousa-Norte.

“A Deputación da Coruña ten como obxectivo traballar de maneira cooperativa con concellos e entidades co obxectivo da mellora do sector turístico cunha oferta sustentábel e de calidade e, con esta liña, favorécese o traballo dos entes que están a operar no sector”, sinala  o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira.

A publicación da liña de axudas para entes do sector súmase á recente convocatoria para contratación de persoal técnico para oficinas de turismo de concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes. Para este fin, a área de Turismo destina 800.000 € que teñen como obxectivo contratación de persoal especializado para manter abertas as oficinas de turismo, cando menos, catro meses en temporada alta. “A profesionalización do sector e a contratación de persoal especializado é o obxectivo desta liña que está a ter especial repercusión na oferta turística dos concellos”, destaca Xosé Regueira.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.