Search
Close this search box.

Torres do Allo incrementa nun 77% o número de visitantes no mes de febreiro.

Torres Do Allo Incrementa En Un 77 El Numero De Visitantes En El Mes De Febrero 1552855764

O pasado mes de febreiro, as Torres do Allo recibiron a visita de 204 persoas, 89 máis que no mesmo mes do 2018, converténdose así no mellor febreiro de toda a serie histórica do pazo con moita diferenza. Cabe destacar que a procedencia das visitantes do propio concello de Zas foi escasa, cun 10% do total; o que indica que o monumento está entrando nunha fase de desestacionalización do público visitante. Un 33,8% achegouse dende todas partes de Galicia; un 44,5% residía na Costa da Morte; un 7,3% correspondeuse co público chegado do resto do Estado; e un 2,5% viñeron visitar as Torres do Allo dende outros países de Europa e do Mundo.

Un 34,8% das persoas que visitaron o pazo e a súa contorna fixérono en familia; mentres que as parellas que decidiron percorrer as Torres do Allo supuxeron 21,2% do total. Os grupos informais constituíron tamén unha parte importante das visitas cun 16% e as persoas que o fixeron de maneira individual alcanzaron o 27%.

A estes datos contribúe tamén o programa didáctico para centros escolares que leva a cabo a Concellería de Cultura de Zas. Este mes visitou o pazo o IES Ramón Caamaño, ao que se lle realizou unha visita guiada específica para a idade do alumnado e o obradoiro de heráldica “Escudo de Familia”, onde aprenderon as regras básicas da simboloxía da nobreza e elaboraron o seu propio modelo.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg