Search
Close this search box.

Ducias de concursantes demostran as súas habilidades como fotógrafos para conseguir o premio de #MuraisLarCMAT: coñecer a Costa da Morte

lar

Onte, 16 de decembro, entregouse o último dos premios #MuraisLarCMAT, o noso concurso fotográfico en Instagram que busca dar a coñecer a Costa da Morte a través dos murais de baldosas do proxecto “Lar na escola”. As oito esculturas, todas con temática relacionada cos deportes acuáticos, están expostas no paseo marítimo de Sanxenxo (Pontevedra) dende principios do verán. Grazas á popularidade desta zona, especialmente durante os meses de verán, a exposición converteuse nun dos principais atractivos da zona central do concello turístico.

A CMAT, en colaboración con Suministros Lar e coa asociación empresarial APTCM da Costa da Morte, realizou un concurso de redes sociais que se estendeu ao longo do tempo durante cinco meses; obtendo excelentes resultados de participación e difusión. O premio pagaba a pena para desatar a vena máis artística dos concursantes: unha estancia en Costa da Morte para dous con almorzo nun dos mellores aloxamentos da rexión.

Efectivamente, os resultados da participación no concurso non defraudaron. Usuarios de toda a xeografía española e algúns visitantes internacionais subiron a súa fotografía ao seu perfil de Instagram acompañándoa co hashtag #MuraisLarCMAT. Este foi un dos requisitos para participar, ademais de converterse en seguidor dos perfís de Costa da Morte e Suministros Lar. En total, repartíronse catorce estancias en hoteis como Bela Fisterra ou Playa de Laxe e casas rurais como Casa de Verdes ou Casa da Canle, das que os gañadores poderán dar boa conta ata xuño do próximo 2020.

Unha vez pechada a acción, o obxectivo co que naceu pode considerarse como de sobras cumprido: dar a coñecer a Costa da Morte entre un novo público a través do atractivo proxecto levado a cabo por Suministros Lare n centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg