Search
Close this search box.

A CMAT aposta por actividades para dar a coñecer Costa da Morte como destino Familiar

La CMAT apuesta por actividades para dar a conocer Costa da Morte como destino Familiar

Grazas ao cofinanciamento entre CMAT e a Xunta de Galicia a través dun convenio con Turismo de Galicia, promóvese a campaña Costa da Morte Familiar.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer Costa da Morte como destino familiar e, sobre todo, motivar ás familias galegas a visitar os diferentes concellos para descubrir a súa diversidade patrimonial, natural e cultural.

Desde a CMAT, esta anualidade, ademais desta campaña se aposta por outras campañas temáticas como son: Megalitismo, Turismo Xeolóxico e Praias salvaxes e de surf.

Dúas familias galegas formadas por bloggers e influencers especializadas en viaxes percorrerán os diferentes concellos que conforman Costa da Morte durante dúas #fin# de semana. Os lugares e actividades que coñecerán están pensados para familias con nenas e nenos, así como establecementos con servizos ideais para este segmento de público, priorizando aqueles adheridos á CMAT a través da entidade APTCM. Tívose en conta que, ao tratarse de familias con nenos pequenos, hai certa flexibilidade para garantir o seu benestar e o goce de todos os membros da familia.

Estas familias visitan Costa da Morte fóra de tempada alta, co obxectivo de promover o destino durante todo o ano e seguir traballando para desestacionalizar os fluxos turísticos.

A Campaña Costa da Morte Familiar estará liderada de novo por Eva Abal e Dani Keral, dous bloggers de viaxes profesionais fincadas en Galicia con blogues – Unha Viaxe Creativa e Unha idea, unha viaxe – referentes dentro da blogosfera española.

A fin de semana do 24-25 de setembro Tres irmás e unha monovolume percorrerán a Costa da Morte nunha viaxe de 2 días no que visitarán Carnota, Dumbría, Mazaricos, Corcubión, Muxía, Fisterra, Cee, Camariñas, Vimianzo e Zas.

Mediante distintas actividades, adaptadas para “As Piquis”, poderán gozar de todo o que o destino pode ofrecer: cultura, gastronomía, deporte, arte, historia. Turismo para todos os gustos e idades.

Tres irmás e unha monovolume teñen un perfil de Instagram no que comparten plans divertidos para facer en familia ás súas case 20.000 seguidores.

A segunda familia blogueira é Escapalandia, un blogue cunha gran comunidade de seguidores conformada por familias que creceron cos seus fillos, con máis de 100.000 visitas mensuais. Centrado en escapadas curtas e fins de semana, con compoñente de natureza, áreas recreativas ou roteiros, cultural con museos ou patrimonio e etnográfico. Actualmente conta con 3.684 seguidores en Instagram, 3.238 en Twitter e 18.178 en Facebook.

Contaremos coa súa visita a Costa da Morte en outubro, onde realizará diversas actividades na zona norte. Proximamente descubriremos o programa de actividades e concellos que visitarán.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg