O xeodestino Costa da Morte, parte activa da nova marca gastronómica ‘a provincia que sabe’, presentada hoxe pola Deputación da Coruña no Galicia Forum Gastronómico

El geodestino Costa da Morte

A marca ‘a provincia que sabe’, que comenzará a funcionar a inicios de 2023, engloba aos oito xeodestinos da provincia e representará productos e establecementos que apliquen parámetros de calidade e sustentabilidade.

A CMAT e os demáis entes de xestión estarán habilitados para validar a incorporación á marca de empresas comprometidas coa gastronomía do territorio.

Pepe Formoso, secretario da CMAT, e Marta Rodríguez, responsable da Secretaría Técnica acudiron á presentación da marca, que correu ao mando de Xosé Regueira.

 O xeodestino Costa da Morte, representado a través de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), que preside Mónica Rodríguez, formará parte activa e estará integrado na nova marca gastronómica de provincia da Coruña ‘a provincia que sabe’, presentada hoxe, 27 de setembro de 2022, pola Deputación da Coruña no Galicia Forum Gastronómico, celebrado en EXPOcoruña, na cidade da Coruña. Esta iniciativa está impulsada pola entidade provincial que preside Valentín González Formoso. Na presentación de hoxe, que tivo lugar na sala Taller do Galicia Forum Gastronómico, acudiron, en representación de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), o seu secretario, Pepe Formoso; o vicepresidente da Deputación da Coruña e membro da CMAT, Xosé Regueira, que así mesmo foi o encargado de dar a coñecer a marca e o seu proxecto; e Marta Rodríguez, responsable da Secretaría Técnica. 

A Deputación da Coruña presentou ‘a provincia que sabe’, que xa estará funcionando a inicios do próximo amo a partir do seu pistoletazo de saída en FITUR2023, no marco do Galicia Forum Gastronómico. Ademais de representantes de Costa da Morte Asociación Turística, tamén estaban convidados os demáis xeodestinos da provincia da Coruña. Acudiron, así mesmo, representantes turísticos do Concello da Coruña, da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e de GALP Golfo Ártabro Norte. Cociñeiros da provincia da Coruña, defensores da gastronomía km0, tamén estiveron na presentación. 

‘A provincia que sabe’ representa aos oito xeodestinos da provincia da Coruña. A nova marca turística e gastronómica identificará os productos agroalimentarios e os establecementos de restauración da provincia que apliquen parámetros de calidade e sustentabilidade. “Será unha marca paraugas para a promoción conxunta de todos os xeodestinos da provincia”, destacou Regueira, quen recalcou “o papel fundamental dos entes de xestión na profesionalización do sector turístico”. 

Costa da Morte Asociación Turística e os demais entes de xestión dos xeodestinos de provincia poderán validar a incorporación á marca de empresas de especial compromiso coa calidade e a gastronomía do territorio. A Deputación da Coruña apoiará a dinamización da proxecto turístico. 

A marca ‘a provincia que sabe’, cunha gran Culler en forma de S, representa as tres eses nas que se apoia: saber, sabor e sustentabilidade. “Queremos poñer en valor a singularidade e calidade dos nosos productos, a cociña dos nosos xeodestinos”, apuntou Xosé Regueira, membro tamén da xunta directiva da CMAT. As campañas de promoción faránse utilizando as diferentes tempadas e épocas do ano como estratexia de dinamización e promoción turística. 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.