Stanley Whittinghan visita Costa da Morte

Stanley Whittinghan visita Costa da Morte

Stanley Whittingham, da Universidade Estatal de Nova York – Binghampton e premio Nobel de Química 2019 pola invención das actuais baterías recargables (as que están en todo tipo de dispositivos móbiles, coches, plantas de almacenamento de enerxía, etc), fixo un amplo percorrido pola Costa da Morte nestes días. Está en Galicia convidado polo Programa ConCiencia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, na que é a súa primeira visita a Europa trala cerimonia do Nobel.

A Costa da Morte é un lugar no que ten interese e que o levou a evocacións familiares, xa que os seus pais vivían a escasos quilómetros do Land’s End, o punto máis occidental de Inglaterra, na rexión de Cornualles (que para os ingleses é un equivalente xeográfico ao que a Costa da Morte supón para España).

Empezámo-lo percorrido pola ponte de Brandomil e vendo os restos romanos desa vila.  Continuamos polo Ézaro, a ver a cascada e o mirador. Amosouse moi interesado na alta concentración de produción eléctrica da zona, así como do elevado potencial eólico da Costa da Morte (el dirixe o centro de almacenamento de enerxía do noroeste dos EE.UU., no estado de Nova York, con máximo apoio institucional do goberno federal dese país).

Seguiu unha visita a Fisterra, onde lle chamou a atención a praza Stephen Hawking e todo o simbolismo do lugar dende a época romana e coa posta do sol. Antes pasaramos polo IES Fernando Blanco de Cee.

Tamén se interesou polas orixes celtas de Galicia, e fomos ao Castro de Borneiro, do que destacou o aspecto virxe da contorna e o vigor e saúde da contorna natural de árbores. A continuación continuamos polo Dolmen de Dombate, no que estivemos falando dos paralelismos dos restos megalíticos do arco atlántico dende Galicia ata Bretaña e as illas británicas. No museo do dolmen estivemos un tempo diante dos mapas, falando de aspectos de arqueoastronomía, sobre todo no que atinxe á orientación solar dos megalitos, algo relevante en varias mostras do megalitismo británico, como en Stonehenge.

Para rematar estivemos en Baio, no paseo ata a carballeira de Baio e tamén estivo vendo a praza Jorge Mira.

Levou con el abundante información, porque valora vir no futuro para enseñarlle o lugar á súa familia (a súa muller é profesora tamén da Univ. Estatal de Nova York, na área de literatura latinoamericana).

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.